GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 16 de enero de 2010

DECÁLOGO PARA SER LINGÜÍSTICAMENTE SOSTIBLES


Respecto, Tolerancia, Sintonía... Esas son as claves!


Recollemos aquí o froito dunha triple aportación: por unha banda, o Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U.; por outra, a tradución da nosa compañeira de PLAMBE, Adelia Troncoso, que tan xentilmente ten compartido connosco; por último, a maquetación, que é obra nosa e que esperemos que nos sirva a todos para reflexionar.

4 comentarios:

bescariz dijo...

Grazas por compartir tan fermoso traballo.Necesitamos mensaxes positivos nestes difíciles momentos para a nosa lingua.
Belén,do Ceip Quintela.

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns polo voso magnífico traballo. Excelente exemplo de traballo colaborativo e compartido. Nós, co voso permiso, publicarémolo en O Segrel.
Apertas deslingüadas (que diría a nosa benquerida Olga)

Balbordo dijo...

Parabéns polo voso traballo e grazas por compartilo. Anxo, do IES Auga da Laxe de Gondomar.

Brea Segade dijo...

Parabéns pola idea e polo resultado. Nós, tamén acabamos de publicalo en Educaldea e BBS, os blogues da nosa escola. Grazas por compartilo!
Unha aperta
Cova
Biblioteca Brea Segade de Taragoña