GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 18 de diciembre de 2008

COÑECEMOS A FRIANCIÑO

Os nenos e nenas de Educación Infantil tamén empezamos, este ano, a facer actividades na Biblioteca. E, o primeiro, foi coñecer a Frianciño e a súa historia. Pero, esta, xa vola contaremos noutro intre, que é unha sorpresa.

Agora, botade unha ollada a esta montaxe, onde vos mostramos a nosa primeira visita á Biblioteca.

No hay comentarios: