
Ola, chicos e chicas, pais e nais, mestres e mestras...! Ola a toda a Comunidade Educativa!
O noso moucho Frianciño, que ten atopado na Biblioteca do noso cole un excelente sitio onde durmir polo día e aprender pola noite, estrea blog.
Como non podía ser doutro xeito, o título do seu blog é O lar de Frianciño.
Xunto coa páxina web do cole, queremos que sexa a canle que nos achegue a vós, e na que podades interactuar cos vosos comentarios.
Grazas por estar aí, e... PARTICIPADE CONNOSCO NESTA FANTÁSTICA AVENTURA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario