GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 24 de diciembre de 2008

DITOS E REFRANS DA TRADICIÓN ORAL

No mes de novembro celebrouse o Mes da Tradición Oral. Dende a nosa Biblioteca, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, propuxemos a recollida de ditos e refráns entre o noso alumnado e as súas familias. Aquí tendes unha mostra do que temos traballado.


jueves, 18 de diciembre de 2008

COÑECEMOS A FRIANCIÑO

Os nenos e nenas de Educación Infantil tamén empezamos, este ano, a facer actividades na Biblioteca. E, o primeiro, foi coñecer a Frianciño e a súa historia. Pero, esta, xa vola contaremos noutro intre, que é unha sorpresa.

Agora, botade unha ollada a esta montaxe, onde vos mostramos a nosa primeira visita á Biblioteca.

CÚMULO DE FENÓMENOS ESTRAÑOS!


Dende que, este curso, comenzou A Hora de Ler, algúns pais e nais, e algúns mestres e mestras teñen detectado comportamentos estraños na actitude dos seus fillos e fillas respecto á lectura.

Os expertos aseguran que, para tratar estas "anomalías", non hai nada mellor que as terapias grupais. Esta afirmación está apoiada tamén polo noso refraneiro, cando di "mal de moitos, consolo de tontos".

Por iso, se tes observado algún "cambio" na actitude do teu fillo ou filla respecto á lectura, por favor, COMPÁRTEA CONNOSCO.

domingo, 14 de diciembre de 2008

CONTACONTOS NO MES DA TRADICIÓN ORAL

O mes de novembro adicámolo, na Biblioteca, a traballar a Tradición Oral. 

Podes ver máis polo miúdo todas as actividades na nosa páxina web.

Aquí deixámoste as imaxes das sesións de contacontos que correron a cargo das mamás, das avoas e dalgunhas mestras.



martes, 9 de diciembre de 2008

NORMAS DA BIBLIOTECA



sábado, 6 de diciembre de 2008

FRIANCIÑO ESTREA BLOG


Ola, chicos e chicas, pais e nais, mestres e mestras...! Ola a toda a Comunidade Educativa! 

O noso moucho Frianciño, que ten atopado na Biblioteca do noso cole un excelente sitio onde durmir polo día e aprender pola noite, estrea blog. 

Como non podía ser doutro xeito, o título do seu blog é O lar de Frianciño
Xunto coa páxina web do cole, queremos que sexa a canle que nos achegue a vós, e na que podades interactuar cos vosos comentarios.

Grazas por estar aí, e... PARTICIPADE CONNOSCO NESTA FANTÁSTICA AVENTURA!