GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 15 de mayo de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Como cada ano, o 17 de maio festexamos o Día das Letras Galegas.

É este o día da nosa lingua, o noso día. Queremos celebralo ó grande. E por iso, levamos meses traballando nos materiais didácticos que xa vos fixemos chegar a través da rolda de correo do PLAMBE, e que podedes consultar neste enlace

A lingua, ese rumor agarimoso que nos dan a coñecer as nosas nais e que nos capacita para comunicarnos, para sentir os sentimentos dos outros e para dar a coñecer o que levamos máis dentro de nós, é unha arte. Unha arte que utiliza o son e a grafía. 

Ás veces, unha imaxe vale máis que mil palabras. Disfrutade da lingua, do son, da grafía, da arte, con este fantástico vídeo: 




O Día das Letras Galegas 2010 está adicado a Uxío Novoneyra, o poeta do Caurel. Tanto se ten dito del, tantos traballos marabillosos temos coñecido grazas ós compañeiros e compañeiras do PLAMBE, que é imposible darlles cabida a todos. 

Queremos lembrar a Rosana Rodiles, que nos ten agasallado co magnífico cartel que ilustra a cabeceira desta nova.

As novas tecnoloxías permítennos recuperar imaxes e palabras das persoas queridas, aínda que haxa dez anos que nos teñan deixado. Neste Día das Letras Galegas, queremos darvos a coñecer a Uxío Novoneyra a través da súa palabra, dos seus xestos, da súa voz, e da súa obra. 

Damos as grazas a Suso Cortázar, do I.E.S. de Foz, que nos achegou esta entrevista a Uxío Novoneyra realizada no ano 1985 en Lugo.





Sintamos a poesía de Uxío Novoneyra con esta presentación elaborada polo Equipo de Normalización Lingüística do C.P.I. Progreso de Catoira.


Grazas a todos e a todas pola vosa colaboración, e...

Feliz Día das Letras Galegas!







No hay comentarios: