GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 22 de octubre de 2013

24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



E para celebralo... nada máis oportuno que actividades de Formación de Usuarios.

O vindeiro xoves celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. O magnífico cartaz que, para o evento, ten repartido a Asesoría de Bibliotecas Escolares, ondea xa no pequeno veleiro que, este curso, simboliza o noso proxecto: A lingua sabe a mar.

E nada mellor que traballar a Formación de Usuarios a partir de documentos vencellados co mar.

Estas son as propostas de traballo para os diferentes ciclos:


E aquí tendes as fotos que fomos tomando. Como vedes, o alumnado de 1º B, 2º A5º A estaba totalmente entregado.




Feliz día para todos e para todas!

FALANDO SOBRE O CORPO HUMANO EN EDUCACIÓN INFANTIL



Ocurriu a semana pasada, na aula de Educación Infantil 4 anos B. 

Alí acudiron Roi e mais Iván, dous "veteranos" de 2º curso de Primaria, que chegaron cargados de libros (saben ben onde informarse) e dun esqueleto moi ruidoso para contarnos cousas interesantísimas sobre o corpo humano.

Fixéronnos pasar un rato moi divertido, como podedes ver.



Grazas, Roi e Ivan.


lunes, 21 de octubre de 2013

ANIMAIS MARIÑOS



O noso primeiro Venres de Viva Voz deste curso.

Estivo a cargo dos alumnos e alumnas de 4º A de Primaria. Como poderedes ver, estes rapaces estiveron a traballar arreo: documentáronse sobre diversos animais mariños, e cadaquén expuso o que máis lle gustou. Un tema moi vencellado ó noso PDI deste curso: A lingua sabe a mar.




Parabéns, rapaces!

domingo, 20 de octubre de 2013

FIRMAR UN CONTRATO É ALGO MOI SERIO



Por iso se respiraba tanta responsabilidade.

Despois de explicar en que consistía o Voluntariado Bibliotecario, reunímonos outra vez cos rapaces que, finalmente, decidiron apuntarse. Fixémolo durante o recreo, para explicar os contratos de colaboración que, previamente, levaran a casa e analizaran cos pais.

Tras unha lectura atenta e a explicación das dúbidas, como se fai cos documentos importantes, as dúas partes procederon a firmalos.



Isto promete!

PECHE NO POLÍGONO DE BATEAS


A nosa primeira Nova da Semana. 

Os nenos e nenas de 5 anos A estrenaron a nosa canle de podcast. E fixérono cunha nova moi vencellada ó noso proxecto deste curso: o peche dos polígonos de bateas das rías galegas por mór da marea vermella.

Aquí tendes o resultado:


Fantástico, chicos!

"A LINGUA SABE A PAN", NO ESPAZO ABALAR




Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria infórmannos de que o noso proxecto do curso pasado está reseñado no Espazo Abalar

Aledámonos de que este traballo no que ten participado todo o centro poda ser útil para outros coles. E, por suposto, damos o parabén a toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado e familias) que fixo posible o proxecto e enriqueceuno coas súas aportacións. 

Podedes atopar a reseña neste enlace:



viernes, 18 de octubre de 2013

A BIBLIOTECA TAMÉN FERVE POLAS TARDES


Durante as Actividades Extraescolares.

Este era o aspecto da Biblioteca o pasado martes ás 4 da tarde. Vida, moita vida.