GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 21 de junio de 2013

VISITA DO MAGO NOEL




Unha visita máxica.

O pasado mércores día 19 tivemos a sorte de ter entre nós ó Mago Noel, que acudiu ó colexio para estar un rato cos rapaces e rapazas de 1º curso de Primaria.

Foi un rato moi divertido, cheo de emocións e beleza. A luz e o son foron os seus grandes aliados. E os cativos, axudantes e cómplices.

Claudia, Eva e Lucía estaban tan emocionadas coa visita que obsequiaron a Noel cunhas estupendas cartas que lle chegaron ó corazón. En agradecemento, fixo un número especial coa baraxa para elas, e entregoulles un recordo.

Aquí vos deixamos cunhas divertidas imaxes da xornada.

miércoles, 19 de junio de 2013

CANTO ARTISTA CATIVO!



Os nenos e nenas de 3 anos A cantan no seu Venres de Viva Voz.

E o fan da man de Mamá Cabra, coa canción Eu son un artista.

Pois aí tendes o artistas que son:




Parabéns!

jueves, 13 de junio de 2013

APRENDENDO CON FINA



Fina Casalderrey visitou ós nenos e nenas do Segundo Ciclo.

O pasado martes día 11 de xuño, Fina Casalderrey achegouse ó noso Centro para reunirse cos rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria e falar sobre O Misterio do Faro Vello, o libro traballado como lectura obrigatoria.

Nunha visita cargada de dozura, Fina foi desgranando as claves que a inspiraron na escritura deste ou doutros libros, como O estanque dos parrulos pobres. Especialmente emocionante foi o recitado que fixo de Eu son eu.

Con grande amabilidade, Fina respostou ás preguntas do noso alumnado e asinou os seus libros.

A sesión rematou coa entrega da nosa mascota e a despedida de Olga, a nosa Directora.



Aquí vos deixamos coas fermosas palabras que Fina escribíu para a posteridade no Libro de Sinaturas da nosa Biblioteca: 



Grazas pola túa visita, Fina!



miércoles, 12 de junio de 2013

O HOMIÑO DE XENXIBRE



O conto teatralizado de 2º B.

Os nenos e nenas de 2º B prepararon o conto O homiño de xenxibre en relación co noso PDI deste curso: A lingua sabe a pan.

Este é o resultado:



Parabéns!

martes, 11 de junio de 2013

INTENTO DE ASASINATO DOS TRES PORQUIÑOS



O conto teatralizado dos rapaces e rapazas de 3º A.

Para esta actividade proposta ó abeiro do noso PDI A lingua sabe a pan, os nenos e nenas de 3º A fixeron a súa propia versión do conto dos Tres Porquiños, nesta ocasión ó xeito dos romances de cego.

Unha bonita tarefa de creación.



Parabéns!

lunes, 10 de junio de 2013

DONA CARME



O conto teatralizado de 5º A.

Para a proposta deste curso titulada Contos Teatralizados, os nenos e nenas de 5º A prepararon este conto tradicional. Para iso empregaron a técnica das sombras chinescas.



Parabéns!

5 de xuño: DÍA DO MEDIO AMBIENTE...



... na Praia do Vao. 

Organizado polo Concello de Vigo, os nenos e nenas de 5º curso de Primaria acudiron á Praia do Vao para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. 

Foi unha xornada de xogos, de aprendizaxe, pero, sobre todo, de aprender xogando (ou de xogar para aprender): xogos coa area, circuítos sobre animais acuáticos, reflexións sobre os perigos dos plásticos no mar e sobre a importancia das dunas...

Ademais das titoras e dos monitores encargados da actividade, os rapaces estiveron acompañados polo Alcalde e maila Concelleira de Medio Ambiente, que non quixeron perder a oportunidade de celebrar esta data coa rapazada. 

Se premedes na seguinte foto, poderedes acceder ó magnífico álbume elaborado pola nosa reporteira gráfica: a profe Luz. 




Sen dúbida, todo nos enfoca, xa, ó PDI do vindeiro curso: A lingua sabe a mar.