Durante este curso escolar propuxemos ó alumnado participar en distintas actividades coas que foron acumulando puntos de cara a un agasallo vencellado co noso PDI Entre liñas anda o xogo. Ter acertado as adiviñas propostas na actividade Activa a túa mente, facer unha recomendación ou entrevistar ós avós para nos falar de xogos tradicionais tivo premio.
E cal foi o premio? Pois un xogo de cartas exclusivo para aprender sobre algúns matemáticos e os seus descubrimentos. Obra do noso habitual colaborador, Marcial MS.
Aquí vos deixamos coa nosa media ducia de gañadores, felices co seu premio.
Disfrutádeo!









No hay comentarios:
Publicar un comentario