GRAZAS!
A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Para vós, para sempre: GRAZAS!
domingo, 26 de junio de 2016
jueves, 23 de junio de 2016
PREMIANDO A PARTICIPACIÓN
Durante este curso escolar propuxemos ó alumnado participar en distintas actividades coas que foron acumulando puntos de cara a un agasallo vencellado co noso PDI Entre liñas anda o xogo. Ter acertado as adiviñas propostas na actividade Activa a túa mente, facer unha recomendación ou entrevistar ós avós para nos falar de xogos tradicionais tivo premio.
E cal foi o premio? Pois un xogo de cartas exclusivo para aprender sobre algúns matemáticos e os seus descubrimentos. Obra do noso habitual colaborador, Marcial MS.
Aquí vos deixamos coa nosa media ducia de gañadores, felices co seu premio.
Disfrutádeo!
miércoles, 22 de junio de 2016
A ILLA DAS ESCULTURAS
Un auténtico paraxe xeométrico.
Hai algunhas semanas Belén (a nai de Iván) achegounos algunhas imaxes da saída que realizou a A.N.P.A. pola ribeira do Lérez no mes de maio. Unha fermosísima ruta durante a cal os participantes disfrutaron da xeometría, especialmente ó pasar pola Illa das Esculturas.
Se premedes neste enlace poderedes disfrutar doutras imaxes da saída.
Moitas grazas, Belén. E moitas grazas á A.N.P.A. por organizar estas saídas tan instructivas e familiares!
lunes, 20 de junio de 2016
COMPARTINDO CO ALUMNADO BIBLIOTECARIO
A pasada semana, antes de que o alumnado de 6º marchara de viaxe de fin de curso, reunimos ós nosos axudantes na Biblioteca para compartir con eles unha pequena merenda. Un encontro moi alegre, no que a responsabilidade foi premiada con pequenos agasallos. E sobre todo, moi ilusionante, por saber que o relevo está preparado: un pequeno grupo de cativos de 2º, despois de facer prácticas este curso, xa está disposto a tomar el relevo.
Grazas, chicos!
O CICLO DA AUGA
Investigando e experimentando tamén na casa.
O alumnado de 3º A estivo a investigar, este curso, sobre o ciclo da auga. Tanto interese mostraron que, algúns deles, artellaron traballos e experimentos na casa, como Irene e Noa.
1. Experimento sobre a evaporación e a condensación:
2. Experimento para explicar a precipitación:
3. Experimento para explicar a filtración:
Grazas, chicas, por compartir con todos a vosa inquedanza investigadora!
miércoles, 8 de junio de 2016
FESTA FIN DE PROXECTO
O PDI deste curso (Entre liñas anda o xogo) chega ó seu fin. E chega a este punto grazas á axuda que, durante estes nove meses, a Comunidade Educativa (familias, mestres e alumnado) nos ten prestado. E por iso chega a despedida compartindo, tamén con todos eles, traballo, mantel, actividades e espectáculo.
Acompañados dun tempo espléndido, o día resultou intenso. A modo telegráfico, aí quedan as imaxes para lembrar un día perfecto.
1. Os preparativos.
2. Os obradoiros.
3. A merenda.
4. Os xogos.
5. A comida campestre.
6. Festa da lingua
martes, 7 de junio de 2016
MUSEO XEOMÉTRICO
Se subides pola escaleira do noso cole poderedes contemplar os fermosos cadros que teñen preparado os nenos e nenas do colexio. Non esquezades os vosos móbiles con lectores QR para escoitar as audioguías!
Disfrutade coa visita!
LANDHAUS THOMAS R
Polo alumnado de 6º A.
O alumnado de 6º A analiza este cadro de Paul Klee para o noso Museo xeométrico.
OS DEPORTISTAS
De Kazimir Malevich.
O alumnado de 6º B analiza esta obra de Kazimir Malevich como contribución ó noso Museo xeométrico.
lunes, 6 de junio de 2016
O CAMPANARIO VERDE, DE PAUL KLEE
Este suxerente e xeométrico cadro de Paul Klee foi o elixido polo alumnado de 1º A para o noso Museo xeométrico.
VARIACIÓNS SINJERLI, DE FRANK STELLA
Na versión da aula de 1º B.
O alumnado de 1º B traballou sobre este fermoso cadro para a noso Museo xeométrico.
XA TEMOS CARTEL GAÑADOR!
Xeometría sobre o Lérez.
Despois de pasar un curso investigando sobre o mundo matemático, esta fermosa foto de Candela, Frianciño e as pontes do Lérez foi a elixida pola nosa comunidade educativa para representar o noso PDI deste curso.
Parabéns, familia!
O CICLO DA AUGA
Explicado polo alumnado de 3º A.
Despois de investigar sobre o Ciclo da auga, os nenos e nenas de 3º A expuxeron ós compañeiros de 2º A o seu traballo.
domingo, 5 de junio de 2016
sábado, 4 de junio de 2016
O PESCADOR, DE MENCHU LAMAS
A contribución do alumnado de 2º A para o noso museo xeométrico foi este cadro de Menchu Lamas, pintora oriunda da nosa cidade e recente Viguesa Distinguida.
OS CÍRCULOS CONCÉNTRICOS
De Vasili Kandinsky.
O alumnado de 2º B, para o noso museo xeométrico, inspirouse na obra Círculos concéntricos, de Vasili Kandinsky para crear a súa interpretación: unha paisaxe primaveral.
viernes, 3 de junio de 2016
A PONTE VERMELLA
Os nenos e nenas de 4 anos A teñen aportado para o noso museo xeométrico este cadro de Paul Klee titulado A ponte vermella. Aquí temos a súa análise.
BAILANDO POR MEDO
O alumnado de 5 anos B analiza este cadro de Paul Klee, despois de elaborar a súa propia versión.
jueves, 2 de junio de 2016
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

















































