GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 26 de julio de 2015

NO MUSEO DO MAR DE GALICIA


O lugar onde verificar que estamos á beira dun Mar de linguas. 

Este domingo a poalla estivo a nos acompañar todo o día. Houbo que cambiar os plans que tiñamos, e... por que non ir visitar o Museo do Mar...?

Sabiamos dos tesouros que encerraba: o Acuario, as exposicións permanentes sobre a pesca, a extracción, a conservación e a comercialización... Pero atopamos dúas novas exposicións que... mágoa que non foran inauguradas uns meses antes! Pensadas para o PDI que temos traballado este pasado curso: Un mar de linguas!

A primeira é unha exposición temporal que eu teño pensado voltar a visitar. Titúlase Pacífico. España y la aventura del Mar del Sur. Partindo do descubrimento de América axiña atopamos a figura de Vasco Núñez de Balboa, un extremeño que foi o primeiro europeo en chegar ata o Pacífico. A partir del, moitos outros aventureiros chegaron ata as Filipinas, e, incluso, como Juan Sebastián Elcano, deron a volta ó mundo. Todo iso acompañado de mapas, documentos, vídeos, e ferramentas que, daquela, se empregaban na navegación.

A segunda é unha exposición permanente que se ven de inaugurar hai unha semana. Titúlase Galicia Mare Nostrum, e é, nin máis nin menos, que un percorrido pola Historia (dende a Prehistoria ata os nosos días) partindo dos achádegos realizados nas nosas costas polos arqueólogos submariños. Restos que nos falan en moitas linguas diferentes: fenicio, romano, vikingo, bizantino, inglés, holandés... Un verdadeiro mar de linguas.

Anímosvos a disfrutar un día no Museo do Mar de Galicia. Pagará a pena. E lembrade que a primeira exposición é temporal. Remata o 30 de agosto. Non vos despistedes!

Imaxe: By Dylanmonch vigo (Own work). CC BY-SA 3.0, via Wikimedia Commons

viernes, 10 de julio de 2015

E COMO FIN DE FESTA...



... A Festa da Auga.

Todo combiñouse: un ano adicado ó mar, un calor sofocante...  Non podía ser doutro xeito. O noso último día de curso resultou moi lúdico: a Festa da Auga.

Quen máis e quen menos saíu mollado... pero feliz!

Tamén para nós foi unha felicidade que moitas destas fotos foran realizadas por dous reporteiros moi especiais: Bernal e a profe Luz.

Pois aquí as tendes.


Felices e refrescantes vacacións!

lunes, 6 de julio de 2015

DESQRFICANDO O MUNDO


As actividades da nosa Biblioteca na revista Eduga. 

Vense de publicar o último número (o 69) da revista Eduga. E nela, no apartado de Formación, aparece un artigo sobre as actividades que, empregando os códigos QR, temos desenvolvido este curso no noso cole.

Como sodes fieis seguidores nosos, seguro que xa as coñecedes. Pero, por si queredes botar unha ollada, aquí tendes o enlace ó dito artigo:



AVALIANDO A NOSA TAREFA



En 6º A.

Despois de estar investigando todo o curso sobre o pirata Drake na Ría de Vigo, por fin, os rapaces e rapazas de 6º A conqueriron dar forma a un traballo xeitoso. Mais eles non estaban moi dacordo.

Que mellor que elevar a súa autoestima facendo unha valoración o máis obxectiva do seu traballo?

Así pois, proporcionámoslles unha copia do seu traballo e unha copia dun traballo elaborado noutras aulas. Engadimos a esta documentación unha rúbrica, e... por grupos, eles mesmos deberon avaliar ambos traballos.

Hai que dicir que, en ocasións, foron moi condescendientes co traballo dos outros compañeiros e demasiado esixentes co seu. Pero o resultado foi que se deron conta, realmente, de que o seu traballo non estaba ben, senon moi ben. 

Aquí os tendes facendo as valoracións.



Avaliar resultou, pois, unha actividade importante, da que, seguramente, aprenderon tanto ou máis que facendo o traballo. Dende logo... nunca traballaron mellor e máis silenciosamente en equipo!

domingo, 5 de julio de 2015

UN MAR DE LINGUAS




A recompilación.

Rematado o curso, empezamos a "pór orde nos papeis". E así, nun só "click", poderedes acceder a todo o que deu de si o noso PDI deste curso, Un mar de linguas. Premede, pois, na imaxe, para coñecelo.


sábado, 4 de julio de 2015

AS PERLAS DAS MOCHILAS



Unha historia de ida e volta.

Cada curso, cando as Mochilas viaxeiras inician a súa viaxe, marchan da Biblioteca cargadas de tesouros que os nosos alumnos e as súas familias teñen a oportunidade de descubrir. Pero, á volta, o seu valor é maior. Porque os tesouros veñen engrandecidos cos comentarios dos usuarios, auténticas perlas engarzadas nos cadernos viaxeiros.

Aquí tendes unha pequena mostra. Sendo perlas... hai que lucilas!