GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 31 de octubre de 2013

O LIBRO DAS BRUXAS EN GOOGLE




Sorpresa..!

Esta mañán, Google sorprendeunos cun novo doodle. (Un doodle é un logotipo co que a empresa Google celebra un día sinalado;  neste enlace poderás acceder á colección de doodles de Google).

Trátase dun xogo interactivo para celebrar o Halloween: unha bruxa prepara a súa poción máxica facendo uso da sabedoría recollida no seu libro de maxia.

Podedes xogar un rato, xa que se combiñades os diferentes elementos obteredes resultados diferentes e sorprendentes.



Feliz Samaín!

No hay comentarios: