GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 31 de octubre de 2013

POLO SAN XOAN, A SARDIÑA MOLLA O PAN



Aprendendo o siñificado dos refráns.

Chega novembro, mes da Tradición Oral, e cómpre traballar sobre os refráns. Neste caso, refráns relacionados co mar.

A proposta de traballo para o alumnado de 2º A é: Polo San Xoán, a sardiña molla o pan. Ademais de aprender moitas cousas, os rapaces terán que se manexar polo hipertexto.



O LIBRO DAS BRUXAS EN GOOGLE




Sorpresa..!

Esta mañán, Google sorprendeunos cun novo doodle. (Un doodle é un logotipo co que a empresa Google celebra un día sinalado;  neste enlace poderás acceder á colección de doodles de Google).

Trátase dun xogo interactivo para celebrar o Halloween: unha bruxa prepara a súa poción máxica facendo uso da sabedoría recollida no seu libro de maxia.

Podedes xogar un rato, xa que se combiñades os diferentes elementos obteredes resultados diferentes e sorprendentes.



Feliz Samaín!

martes, 29 de octubre de 2013

AVISTAMENTO DE BALEAS



A nova da semana do 20 ó 25 de outubro. 

Esta foi a nova que nos contaron os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos B. Como podedes comprobar, están moi versados no tema das baleas.


Parabéns, chicos!

PREGÓN POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.



A cargo da escritora Laura Gallego. 

Aínda que a celebración do Día das Bibliotecas Escolares foi a semana pasada, parécenos apropiado achegarvos este fermoso pregón. Nunca é tarde para ler exquisitas historias relacionadas coa biblioteca.

A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, creadora do Día da Biblioteca (alá polo 1997) encarga cada ano o cartel e o pregón. Este ano, os elixidos foron Andrés Rábago e Laura Gallego.

O cartel téndelo con imaxe deste post. E a continuación reproducimos o texto.

"Érase una vez un viajero que llegó desde un lugar lejano a un pueblo en el que no había libros. Se sentó a descansar en la plaza mayor y sacó de su morral un viejo volumen de cuentos. Cuando empezó a leer en voz alta, los niños, que nunca habían visto nada semejante, se sentaron a su alrededor para escucharlo.
El visitante relató historias que fascinaron a sus oyentes y les hicieron soñar con fantásticas aventuras en reinos maravillosos. Cuando terminó, cerró el libro para volver a guardarlo en su morral. Nadie se percató de que, al hacerlo, escapaban de entre sus páginas algunas palabras sueltas que cayeron al suelo.
El viajero se marchó por donde había venido; tiempo después, los habitantes del pueblo descubrieron el pequeño brote que elevaba sus temblorosas hojitas hacia el sol, en el lugar en el que habían caído las palabras perdidas.
Todos asistieron asombrados al crecimiento de un árbol como no se había visto otro. Cuando llegó la primavera, el árbol exhibió con orgullo unas hermosas flores de pétalos de papel. Y, con los primeros compases del verano, dio fruto por primera vez.
Y sus ramas se cuajaron de libros de todas clases. Libros de aventuras, de misterio, de terror, de historias de tiempos pasados, presentes y futuros. Algunos se atrevieron a coger esos frutos, y había un sabio en el lugar que les enseñó a leer para poder disfrutarlos.
A veces, la brisa soplaba y sacudía las ramas del árbol. Las hojas de los libros se agitaban y dejaban caer nuevas palabras. Y pronto hubo más brotes por todo el pueblo; y en apenas un par de años, los árboles-libro estaban por todas partes.
Se corrió la voz; muchos investigadores, curiosos y turistas pasaron por allí para conocer el lugar donde los libros crecían en los árboles. Los habitantes del pueblo leían sus páginas con fruición, y cuidaban cada brote con gran mimo. Y así iban recogiendo más y más historias con cada nueva cosecha de libros.
Un día, los más sabios del lugar se reunieron y acordaron compartir su tesoro con el resto del mundo. Eligieron a un grupo de jóvenes y los animaron a escoger un libro del primer árbol que había crecido en el pueblo. Después, los enviaron a recorrer los caminos.
Ellos se repartieron por el mundo, buscando un hogar para su preciada carga, y así, con el tiempo, cada uno dejó su libro en una biblioteca diferente.
Y cuenta la historia que allí siguen todavía. Que hay algunas bibliotecas que guardan entre sus estantes un libro especial que deja caer palabras-semilla. Y que, si aterrizan en el lugar adecuado, cada una de esas palabras crecerá hasta convertirse en un árbol que dará como fruto nuevos libros.
Nadie sabe en qué bibliotecas se encuentran estos libros maravillosos. Se desconoce también cuáles, de entre todos sus volúmenes, son los que proceden del pueblo donde los libros crecen en los árboles. Podría ser cualquiera, y podría estar escondido en cualquier rincón de cualquier biblioteca del planeta.
Animaos a entrar en ellas y a explorar sus estanterías, viajeros; porque quizá deis por casualidad con un libro cuyas palabras echen raíces en vuestro corazón y hagan crecer un magnífico árbol de historias cuyas semillas puedan llegar a cambiar el mundo.

¡Feliz día de la biblioteca!

domingo, 27 de octubre de 2013

SOBRE A FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO



De casualidade, temos atopado este vídeo gravado na Biblioteca do CFR de Vigo.

Trátase dunha entrevista a Juan Vaello, orientador, profesor - titor de Psicoloxía Xeral e Evolutiva da UNED, formador do profesorado e dos equipos directivos. Ex-director de instituto e inspector de Educación.

Nesta entrevista fala da relevancia dunha formación permanente do profesorado, cunha forte carga teórica pero tamén cun resultado práctico e transformador, non só da propia docencia senon do xeito de facer no centro educativo.



sábado, 26 de octubre de 2013

POEMAS E CURIOSIDADES SOBRE O MAR




O  Venres de Viva Voz dos alumnos e alumnas de 4º B.

Esta semana tocoulles o turno ós rapaces e rapazas de 4º B. Comezaron cunha selección de poemas sobre o mar. Logo, incluíron algunhas curiosidades sobre as mareas, o Mar Morto, ou a Torre de Hércules. E remataron cunhas advertencias ecolóxicas de moito proveito.




Parabéns por este magnífico traballo!

jueves, 24 de octubre de 2013

AMOR Á LECTURA E ÁS BIBLIOTECAS



Rematando xa este Día das Bibliotecas Escolares, traemos este enlace que constitúe unha auténtica declaración de amor hacia a lectura. 

Coñecímolo grazas á profe Montse. Trátase dunha conferencia impartida polo escritor Neil Gaiman no Barbican de Londres o 14 de outubro pasado. Nela reivindica a importancia de ler ós nosos fillos (aínda que xa saiban ler). Tamén salienta o papel das bibliotecas e das obras de ficción para acadar unha humanidade máis creativa e competente.

O vídeo e a transcrición íntegra da conferencia podedes atopalos neste enlace.

Grazas, Montse!

martes, 22 de octubre de 2013

24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



E para celebralo... nada máis oportuno que actividades de Formación de Usuarios.

O vindeiro xoves celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. O magnífico cartaz que, para o evento, ten repartido a Asesoría de Bibliotecas Escolares, ondea xa no pequeno veleiro que, este curso, simboliza o noso proxecto: A lingua sabe a mar.

E nada mellor que traballar a Formación de Usuarios a partir de documentos vencellados co mar.

Estas son as propostas de traballo para os diferentes ciclos:


E aquí tendes as fotos que fomos tomando. Como vedes, o alumnado de 1º B, 2º A5º A estaba totalmente entregado.




Feliz día para todos e para todas!

FALANDO SOBRE O CORPO HUMANO EN EDUCACIÓN INFANTIL



Ocurriu a semana pasada, na aula de Educación Infantil 4 anos B. 

Alí acudiron Roi e mais Iván, dous "veteranos" de 2º curso de Primaria, que chegaron cargados de libros (saben ben onde informarse) e dun esqueleto moi ruidoso para contarnos cousas interesantísimas sobre o corpo humano.

Fixéronnos pasar un rato moi divertido, como podedes ver.



Grazas, Roi e Ivan.


lunes, 21 de octubre de 2013

ANIMAIS MARIÑOS



O noso primeiro Venres de Viva Voz deste curso.

Estivo a cargo dos alumnos e alumnas de 4º A de Primaria. Como poderedes ver, estes rapaces estiveron a traballar arreo: documentáronse sobre diversos animais mariños, e cadaquén expuso o que máis lle gustou. Un tema moi vencellado ó noso PDI deste curso: A lingua sabe a mar.




Parabéns, rapaces!

domingo, 20 de octubre de 2013

FIRMAR UN CONTRATO É ALGO MOI SERIO



Por iso se respiraba tanta responsabilidade.

Despois de explicar en que consistía o Voluntariado Bibliotecario, reunímonos outra vez cos rapaces que, finalmente, decidiron apuntarse. Fixémolo durante o recreo, para explicar os contratos de colaboración que, previamente, levaran a casa e analizaran cos pais.

Tras unha lectura atenta e a explicación das dúbidas, como se fai cos documentos importantes, as dúas partes procederon a firmalos.



Isto promete!

PECHE NO POLÍGONO DE BATEAS


A nosa primeira Nova da Semana. 

Os nenos e nenas de 5 anos A estrenaron a nosa canle de podcast. E fixérono cunha nova moi vencellada ó noso proxecto deste curso: o peche dos polígonos de bateas das rías galegas por mór da marea vermella.

Aquí tendes o resultado:


Fantástico, chicos!

"A LINGUA SABE A PAN", NO ESPAZO ABALAR




Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria infórmannos de que o noso proxecto do curso pasado está reseñado no Espazo Abalar

Aledámonos de que este traballo no que ten participado todo o centro poda ser útil para outros coles. E, por suposto, damos o parabén a toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado e familias) que fixo posible o proxecto e enriqueceuno coas súas aportacións. 

Podedes atopar a reseña neste enlace:



viernes, 18 de octubre de 2013

A BIBLIOTECA TAMÉN FERVE POLAS TARDES


Durante as Actividades Extraescolares.

Este era o aspecto da Biblioteca o pasado martes ás 4 da tarde. Vida, moita vida.

jueves, 17 de octubre de 2013

FORMÁNDONOS COMO USUARIOS DENDE CATIVOS


Dende hai dúas semanas.

Xa levamos dúas semanas facendo Formación de Usuarios. Todos os grupos de Primaria teñen asignada a súa hora semanal de actividades na Biblioteca.

Aquí tendes imaxes desta mañán: os nenos e nenas de 2º B traballando arduamente sobre os libros de ficción e os libros informativos.

A engranaxe comeza a funcionar.

XUNTANZA DE VOLUNTARIOS




O xoves durante o recreo, na Biblioteca.

Aquí tendes a este grupo de animados rapaces do Terceiro Ciclo (e algún do Segundo) que queren ser voluntarios na Biblioteca.

Esta xuntanza foi un primeiro achegamento, no que insistimos na responsabilidade. Quedamos de nos ver mañán, co abecedario moi ben aprendido. Comeza un traballo ilusionante. Ya vos contaremos...

O CONTO DE ARIADNA



Despois de ler, Ariadna escribiu este conto. 

Hai uns días, Ariadna levou emprestado da Biblioteca un libro sobre cabaleiros. Sen dúbida, resultou inspirador, xa que acaba de nos presentar o conto que, coa mesma temática, ven de escribir. 

Como gran lectora, Ariadna non esqueceu nada: escribiu unha reseña para a contracuberta, indicou claramente a autora, a adaptadora e a ilustradora. Nen sequera esqueceu debuxar o código de barras.

Parabéns, Ariadna! E a seguir escribindo!

sábado, 12 de octubre de 2013

MOCHILAS DE VIAXE


Talvez este curso crucen o mar.

Chega outubro e as Mochilas Viaxeiras comezan a súa viaxe anual. Os rapaces recibíronas con moita ilusión, como non: era un momento moi esperado. Seguro que os cadernos retornan cheos de intres fantásticos vividos en familia.

Boa marea! Boas lecturas!





viernes, 11 de octubre de 2013

SAÍDA Ó MUSEO DO MAR



Os rapaces e rapazas de 6º curso coñecen os segredos do mar. 

O xoves 10 de outubro, o alumnado de 6º curso de Primaria acudiu ó Museo do Mar de Galicia para aprender moitas cousas sobre os peixes e sobre o mar.

A visita comezou no acuario, onde atoparon animais mariños preciosos: dende quenllas ata raias.

O home tivo sempre moito interese por coñecer o mundo submariño. Os rapaces poideron afondar na historia deste achegamento na exposición sobre os distintos traxes de buzo. Un obxecto moi salientable foi o submariño de Sanjurjo Badía, inspirado, talvez, do Nautilius soñado polo seu amigo Julio Verne.

Pero non todo foi escoitar: tamén houbo actividades e experimentos cos que disfrutaron moitísimo. Só hai que velo.



Neste enlace temos máis fotos dos alumnos de 6º A. 


miércoles, 2 de octubre de 2013

SEGREDOS DO MAR



De cidades afundidas e illas emerxidas.
A semana pasada sucedéronse dúas curiosas novas relacionadas co mar e os seus segredos. Por unha banda, un mariñeiro portugués afirmaba ter localizado nas Azores unha pirámide afundida. Este feito daría credibilidade ó mito da Atlántida, a illa perdida da que falara Platón. Como vedes, a nova ten causado sorpresa a nivel planetario, chegándose a recoller na televisión chilena.


Por outra banda, no outro lado do mundo, o terremoto de Pakistán ten feito aflorar unha illa de 30 metros de ancho e 12 de altura.


Agradecemos á profe Luz que estivera tan atenta ós medios, o que nos permitiu coñecer esta nova tan curiosa. 


martes, 1 de octubre de 2013

A TODO TRAPO!




Despois do verán, a "maquinaria" bibliotecaria comeza a funcionar. 

Esta semana, tras moito traballo (e moito máis que queda) comezou o empréstito semanal de fondos para o noso alumnado. A vindeira semana comezarán as actividades na Biblioteca. Todas as pezas vanse encaixando.



Feliz travesía!