GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 25 de septiembre de 2013

500 ANOS DO AVISTAMENTO DO OCÉANO PACÍFICO


Dende o punto de vista europeo. 

Tal día coma hoxe, o 25 de setembro de 1513, o español Vasco Núñez de Balboa contemplou, por primeira vez, o Mar do Sur (o que hoxe chamamos Océano Pacífico). A súa expedición comezou dende a costa do Caribe, e continuou polo interior de Panamá.

O descubrimento do Océano Pacífico, ademais de constituír unha grande fonte de riquezas para España, foi un paso importantísimo para a navegación e a economía. Catrocentos anos despois, por esa ruta explorada por Núñez de Balboa, abriuse unha moderna e fundamental vía de comunicación entre o Atlántico e o Pacífico: a Canle de Panamá.

Damos as grazas á profe Ana P. por darnos conta desta efeméride. Se queredes saber máis sobre o asunto, remitímosvos a este enlace de El País, onde se detalla máis polo miúdo a aventura deste descubridor.

No hay comentarios: