Gemma Lluch nas VI Xornadas dos Clubes de Lectura.
O pasado mes de xuño celebráronse en Santiago os xornadas anuais de Clubes de Lectura. Inaugurou os ditos encontros
Gemma Lluch, quen falou sobre a importancia de establecer criterios para seleccionar as lecturas dos nenos e xóvenes.
Esta charla pódenos dar pistas non só para elixir os libros dos clubes de lectura, senon tamén para seleccionar as lecturas obrigatorias do noso alumnado. Dado o seu interese, ademais de adxuntar o vídeo da magnífica ponencia, permítome resumir algúns puntos que considero fundamentais.
1. Que criterios empregamos á hora de seleccionar as lecturas:
A partir de estudios realizados, se detecta a existencia de dous tipos de criterios:
- criterios compartidos: por exemplo, os cánones literarios, que poderiamos considerar obxectivos e recoñecidos universalmente;
- criterios ocultos: elixir o que "lles gusta", ou os libros que regala a editorial. Estes criterios non resultan obxectivos, e obedecen a outro tipo de motivacións.
2. Que criterios poderiamos manexar para elixir as nosas lecturas?
- elixir libros que aparecen en seleccións resulta un criterio válido. Pero habería que cuestionarse: por que se fai esta selección? quen a fai? para que se fai...?
- elixir libros segundo criterios persoais: "líao eu de pequeno"; "gústalle ó meu fillo"; "gústame a min", non resultan criterios válidos;
- para elixir, deberiamos pórnos sempre no lugar do outro;
- e deberiamos ter en conta: diversos tipos de lecturas; os obxectivos que perseguimos coa lectura; o contexto lector; o tipo de lector.
3. Que entendemos por criterios?
Son unha guía que nos orienta na selección de lecturas. Neste sentido:
- constitúen un punto de partida sempre discutible;
- non son pechados;
- deben permitir unha lectura entendida en sentido amplio: en pantalla, en papel, en periódico, de todo tipo de documentos...
Son un marco para compartir, debatir, falar e intercambiar ideas. Oriéntannos coma mediadores e como lectores críticos.
4. Por que empregar criterios?
- Para rentabilizar os presupostos.
- Para obxectivar as nosas decisións.
- Para compartir (ou debatir) as nosas valoracións.
- Para ampliar o noso abano de lecturas.
- Para elixir (ou non) libros de calidade.
- Para elixir libros que nos enseñen.
- Para elixir lecturas que nos axuden a dialogar con autores e tempos;
- Para aprender a recoñecer o plaxio.
- Para aprender a ler en distintos formatos.
- Para nos levar a ler outros libros.
5. Que entendemos por ler?
Tradicionalmente, líase por pracer ou para aprender. Hoxe, lemos:
- para conversar;
- para cohesionar un grupo ou un centro;
- para intercambiar experiencias;
- para dar a palabra, para dar visibilidade ás opinións dos outros (blogs, redes sociais...);
- para transformar os datos en coñecementos;
- para axudar ós lectores a se transformar en xestores dos clubes de lectura.
En definitiva: ler é medrar como persoa e como cidadán.
Déixovos con este fantástico vídeo (outro formato para "ler"). Todos podemos aprender moito del.