Chegou o fin de curso, e a vida encamíñanos por novos roteiros.
O 21 de xuño chegou, e fíxoo con sentimentos encontrados. Por unha banda, respirabase felicidade polo remate das clases, despois dun curso tan intenso. Pero, por outra, as bágoas brotaron, incontenibles, ante a perspectiva da marcha dalgúns dos nosos compañeiros e compañeiras.
Esa tristura, especialmente manifesta na aula de 3º A, é compartida polo Equipo de Biblioteca, que perde este curso a un dos seus membros "oficiosos": Pili.
Pili é a nai de Valentina e de Mateo. Xunto con Marisol e Chari, encargouse, durante todo o curso, de xestionar as Tardes de Conto. Botarémola moito de menos, aínda que seguro que xa deixa preparado un bo relevo, tal é a súa responsabilidade e bo facer.
Cada vez que leamos un libro de piratas lembraremos as fantásticas tardes que pasamos con esta entrañable familia en illas tropicais plagadas de palmeiras; o seu sorriso permanente, a súa delicadeza no trato, a súa colaboración gratuíta e xenerosa.
Só nos queda o consolo de estar en contacto con eles a través da Internet, e a esperanza de que, tal vez,
a lectura e as historias volten nos unir. Quen sabe se, algún día, envíannos novas da Feira do Libro de Guadalajara...!
Valentina, Mateo, Pili...! Moitas grazas e boa sorte na vosa singladura!































