GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 12 de noviembre de 2011

CAMBIANDO O PARADIGMA


Estes días estivemos en Santiago disfrutando (e aprendendo, que é co que máis disfrutamos) do Congreso Nacional Bibliotecas en tránsito

Joaquin Rodríguez falaba da necesidade dun cambio de paradigma, no que o profesor asuma o papel de mediador (frente ó de informador) e o alumno o de creador (frente ó de reprodutor do coñecemento).

De volta, a nosa compañeira e amiga Ángeles Escribano agasállanos con este vídeo que recolle a actuación de Ron Lalá no Congreso Internacional Educared 2011. Con grande humor e mestría abordan, tamén, a necesidade de que o profesorado adopte como propias as ferramentas da web 2.0.

Como nos contou Daniel Cassany no Congreso Bibliotecas en tránsito, seguramente os nosos alumnos e alumnas teñan moi poucos problemas para navegar na Internet e para empregar estas ferramentas. O problema é que comprendan o que len na Internet. E, para iso, os adultos estamos mellor preparados. Rosa Piquin e Puerto Menendez (expertas en educación documental) abundaban en que a dificultade está en que os rapaces deixen de copiar e pegar e aprendan a anotar e a facer un uso ético da información que está a disposición dos usuarios na Rede. 

A obriga dos adultos, dos mestres, é guiar ó alumnado nese camiño de búsqueda. Para iso, temos que coñecer e empregar (indubidablemente) as tecnoloxías, pero sen perder o norte: as tecnoloxías non son máis que iso, tecnoloxías. O importante é que, con elas, conquiramos aprender mellor.





No hay comentarios: