De casualidade, temos atopado este post no que se sinala o noso traballo do curso pasado como exemplo de Proxecto Documental Integrado en Primaria.
E como xa é pasado, tamén é o intre de dicir grazas:
- a Cristina e a Pilar: por dirixir a nave das Bibliotecas Escolares con tanta clarividencia e sabiduría, e por valorar o noso traballo tan positivamente;
- ás mestras e ó mestre do Equipo de Biblioteca Escolar que durante este curso teñen apoiado e dinamizado as actividades propostas;
- ós alumnos e alumnas que, con tanto entusiasmo, teñen lido, escrito, aprendido e colaborado con nós durante estes catro cursos;
- á Comunidade Educativa, e, de xeito moi especial, ás familias que se teñen volcado con este proxecto.
Iníciase unha nova etapa. Frianciño vai anidar no CFR de Vigo, onde traballará como Asesor de Artística e Deportiva. Mais, a través deste blog, intentará seguir moi vencellado ó mundo que o acolleu: o das bibliotecas escolares.
Unha aperta.
(Podedes ler o artigo da páxina web de Bibliotecas Escolares neste enlace).

No hay comentarios:
Publicar un comentario