GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 20 de septiembre de 2011

CHEGA O OUTONO


http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/

21 de setembro: outra vez está aquí o outono, coa súa sinfonía de cores e murmurios quedos.

Os nosos compañeiros de PLAMBE do C.P.I. Viaño Pequeno déronnos a coñecer este fermosísimo vídeo sobre a Selva de Irati.

Localizada no norte de Navarra, e, en concreto, nos vales pirenaicos de Aezkoa e Salazar, a Selva de Irati ten un grande valor natural e ecolóxico, por acoller unha das meirandes concentracións de faias e abetos de Europa.

Xa que seguimos a indagar nos segredos dos bosques, bo é coñecer (aínda que sexa a través de fotografías) a Selva de Irati.





Toda esta beleza faime lembrar un precioso libro que, hai algún tempo, me regalou un bo amigo, e que me adicaron os seus autores: Antonio, Carlos e José Luis Cortizo Amaro. Titúlase Dulces te sean, pues, las estaciones, e foi editado por eles mesmos. 

Como grandes amantes da fotografía, os autores comparten connosco diversas imaxes que ilustran a Natureza e o paso das estacións, e as acompañan con fermosos poemas. Podedes saber máis sobre este proxecto premendo sobre a portada. 


E, para que vos fagades unha idea, transcribimos un dos poemas incluídos no libro: 

¡Árboles!
¿Habéis sido flechas
caídas del azul?
¿Qué terribles guerreros os lanzaron?
¿Han sido las estrellas?

Vuestras músicas vienen del alma de los pájaros, 
de los ojos de Dios, 
de la pasión perfecta. 
¡Árboles!
¿Conocerán vuestras raíces toscas
mi corazón en tierra?

Federico García Lorca  

martes, 13 de septiembre de 2011

AS BIBLIOTECAS GALEGAS DESPIDEN A MARÍA DOLORES

Comezamos o curso con tristeza.

Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.

Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto!  Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.

Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.

Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares

posanollocurtiscambre 
jdoloresj
 teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig   

viernes, 9 de septiembre de 2011

ATA SEMPRE, MARÍA DOLORES

Tristeza...
Estamos de loito. 

Porque, esta mañán, recibimos a triste nova do pasamento de Mª Dolores, a coordinadora do Equipo de Biblioteca Escolar do IES Luis Seoane de Pontevedra. 

Moi poucos de nós coñeciamos persoalmente a Mª Dolores. Pero recibir un e-mail de mdamt siñificaba unha inxección de optimismo e entusiasmo, un esforzo sobrehumán por aprender, por actualizarse, por chegar ó corazón dos seus alumnos e alumnas.

Todavía temos fresco o portentoso traballo (Salvando libros) que, co gallo das Letras Galegas 2011,  conqueriu coordinar Mª Dolores con tantas bibliotecas escolares integradas no PLAMBE. E todo, a partir da simple conversa cunha das súas alumnas.

Mª Dolores traballaba nun instituto. Era licenciada. Pero, nesta ocasión, eu quixera tratala de mestra. Mestra no senso máis loable e fermoso do termo: educadora e modelo a seguir.

Grazas, Mª Dolores, polo teu exemplo. Ímoste botar moito de menos. 


Enseñarás a volar,
pero no volarán tu vuelo.

Enseñarás a soñar,
pero no soñarán tu sueño.

Enseñarás a vivir,
pero no vivirán tu vida.

Sin embargo...
en cada vuelo,
en cada vida,
en cada sueño,
perdurará siempre la huella
del camino enseñado."




Madre Teresa De Calcuta


sábado, 3 de septiembre de 2011

DIGITAL STORYTELLING


Hai xa unhas semanas, o meu amigo Fran Iglesias publicou este vídeo no que explica que é o Digital Storytelling.

Como veredes, non ten desperdicio, e pode nos dar moitas pistas para facer cousas diferentes no noso traballo na Biblioteca Escolar. Probablemente, moitos de nós, dun xeito rudimentario, temos feito os nosos intentos, aínda que non tiveramos bautizado o noso traballo cun nome tan solemne.

O Digital Storytelling poderíamos definilo como unha narración dixital.

Se na nosa tarefa educativa é tan importante fomentar a lectura como a escritura; se, nesa tarefa, debemos empregar códigos e materiais textuais variados... por que non ter en conta este xeito de facer tan creativo, integrador e motivador...? So hai que botarlle ganas. O éxito está asegurado.


viernes, 2 de septiembre de 2011

"UN BOSQUE PARA LER E NAVEGAR", NA WEB DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


Cando xa parece pasado, o noso PDI do curso 2010-2011 resucita na páxina web de Bibliotecas Escolares de Galicia. 

De casualidade, temos atopado este post no que se sinala o noso traballo do curso pasado como exemplo de Proxecto Documental Integrado en Primaria.

E como xa é pasado, tamén é o intre de dicir grazas:

  • a Cristina e a Pilar: por dirixir a nave das Bibliotecas Escolares con tanta clarividencia e sabiduría, e por valorar o noso traballo tan positivamente; 
  • ás mestras e ó mestre do Equipo de Biblioteca Escolar que durante este curso teñen apoiado e dinamizado as actividades propostas; 
  • ós alumnos e alumnas que, con tanto entusiasmo, teñen lido, escrito, aprendido e colaborado con nós durante estes catro cursos; 
  • á Comunidade Educativa, e, de xeito moi especial, ás familias que se teñen volcado con este proxecto.

Iníciase unha nova etapa. Frianciño vai anidar no CFR de Vigo, onde traballará como Asesor de Artística e Deportiva. Mais, a través deste blog, intentará seguir moi vencellado ó mundo que o acolleu: o das bibliotecas escolares. 

Unha aperta. 

(Podedes ler o artigo da páxina web de Bibliotecas Escolares neste enlace).


jueves, 1 de septiembre de 2011

DECÁLOGO PARA DESMOTIVAR Ó TEU ALUMNADO


O meu amigo Fran Iglesias ven de publicar no seu blog este artigo titulado 10 estrategias para matar la motivación de tu alumnado.

Trátase dun texto non exento de humor, e que, sen dúbida, pode dar pé a multitude de debates e reflexións sobre a nosa propia praxe educativa. Interesante para situarnos no lugar correcto, agora que comeza o curso.

Podedes consultalo neste enlace.