E pareceume un bonito texto para comezar o curso, e, de paso, pór en valor todo o sutil traballo que, cada día, desenvolvemos os mestres e mestras, e que só nós podemos entender.
- A vista: os mestres non ven, miran. Miran "con ollos de nenos".
- O oído: os mestres non oen, escoitan. Escoitan o que os nenos teñen que dicir, e o fan coa orella verde (a que emprega Rodari para escoitar as cousas que os adultos nunca se paran a sentir).
- O gusto: os mestres saborean cada minuto da escola coma se fora o último.
- O tacto: os mestres tocan para facer sentir; enredan os dedos entre o pelo dos nenos, que se sinten únicos nese intre.
- O olfato: para que a escola siga a arrecender a entrañable, a goma e sacapuntas. E para que o olfato do mestre poida descubrir e predecir o que será relevante na vida dun neno, actuando en consecuencia.
- O sentido común: aunque Groucho Marx dicía que que este sentido é un don, e que é o menos común dos sentidos, resulta imprescindible para ser un bo mestre ou mestra.
- O sentido do humor: que é o mellor nivel de expresión da comunicación e da creatividade.
Valga esta sinxela homenaxe para todos os mestres e mestras que, con ilusión e entrega, comezan hoxe o curso escolar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario