GRAZAS!
A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Para vós, para sempre: GRAZAS!
martes, 28 de junio de 2011
martes, 14 de junio de 2011
FIN DE SEMANA NA GRANXA KIRIKO
As nais e os pais da nosa A.N.P.A., sempre sensibilizados coa temática do noso Proxecto, levaron ós nenos á Granxa Kiriko, para pasar unha fin de semana en plena natureza.
A saída tivo lugar os días 11 e 12 de xuño, e nela participaron 31 nenos e nenas de 5 a 12 anos. Estiveron acompañados por dúas nais (Sonia e Ana) e, xa no campamento, por tres monitoras (Marta, Fanny e Kary).
Durante estas xornadas, os rapaces participaron en diferentes actividades: alimentar ós animais da granxa, seguir pegadas no bosque, coidar da horta, elaborar rosquillas (que, logo, comeron na viaxe de regreso), recoñecer especies vexetais e animais, e, por suposto, xogar moito.
A noite do sábado, despois dunha busca intensiva de “gamusinos” que ocasionou algún que outro susto, rematou cunha espectacular festa, na que grandes e pequenos bailaron ata ben tarde, con moito arte e animación.
lunes, 13 de junio de 2011
O QUE SABEMOS DA MACELA E DO OUREGO
Nesta ocasión, a investigación tratou sobre a macela e o ourego. Podedes lembrar a proposta de traballo neste enlace.
Aquí tendes o traballo confeccionado polos alumnos e alumnas de 3º B de Primaria:
E aquí, o dos nenos e nenas de 4º B de Primaria:
INVESTIGANDO EN EDUCACIÓN INFANTIL
O alumnado de Educación Infantil, igual que o de Primaria, traballou sobre o mesmo, neste caso, a partir do conto de Carrapuchiña Vermella.
Neste artigo atoparedes o resultado das invetigacións que levaron a cabo durante o Segundo e o Terceiro Trimestres.
Estes son os traballos realizados polos nenos e nenas de Educación Infantil 3 anos:
Aquí tendes os de 4 anos:
E estes son os de 5:
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



