Michel Ocelot naceu en Francia no ano 1943. Durante a súa infancia, trasladouse coa súa familia a Guinea, voltando na súa adolescencia á cidade francesa de Anjou.
Despois de estudiar Arte, adicouse ó cine de animación, sendo el mesmo o creador dos guións e dos debuxos das súas películas.
Na actualidade, Michel Ocelot vive e traballa en París. É un dos animadores e ilustradores máis reputados e respectados de Europa.
A súa obra caracterízase pola utilización de grande cantidade de técnicas de animación. Adoita empregar técnicas distintas en cada unha das súas películas, pero todas elas coinciden na temática, centrada nos contos de fadas e na fantasía.
As súas producións caracterízanse por unha certa rixidez, polo traballo con siluetas e polo uso das perspectivas frontais e laterais. Isto parece unha influencia da arte exipcia, da que Michel Ocelot é un gran afeccionado.
Hoxe invitámosvos a ler e a elixir o voso álbume favorito entre estes dous de Michel Ocelot:
Azur e AsmarUnha fábula didáctica que pretende concienciar a nenos e non tan nenos sobre a necesidade de respectar outras culturas e outras sociedades.
Para que sigades disfrutando da obra de Michel Ocelot no seu formato primixenio, deixámosvos aquí os vídeos de dúas das súas películas máis queridas: Kirikú e a bruxa e Kirikú e as bestias salvaxes.
A obra de Michel Ocelot non se limita á grande pantalla. Príncipes e princesas é unha serie de televisión na que, en cada capítulo, se presentaba a un príncipe e a unha princesa procedentes de diversos tempos e lugares. Aínda que está en francés e subtitulada en inglés, podedes disfrutar do marabilloso traballo que Ocelot fai con siluetas de papel.
Por último, para que disfrutedes da evolución da obra de Michel Ocelot, presentámosvos anacos de catro obras diferentes: un fragmento de A princesa insensible; o trailer de Azur e Asmar; a Lenda do Pobre Xorobado, e un anaco de Los Tres Inventores, unha alfaia elaborada con encaixe branco.


2 comentarios:
Parabéns por este post. Gustoume moito e descubrístesme os vídeos, pois só coñecía os libros. Moitas grazas!
Grazas a ti, Gracia, por ternos "metido o gusaniño" do álbum ilustrado,
Publicar un comentario