GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 29 de enero de 2011

A OLIVEIRA, A ÁRBORE DA PAZ. TERCEIRO CICLO.


Estes días estamos a nos preparar para celebrar o Día Escolar pola Paz. Temos escoitado que a oliveira é a árbore da Paz, pero... por que se di iso...?

Aproveitaremos esta celebración para estudiar a oliveira dende diversas perspectivas. Comenzamos, así, as Actividades de Educación Documental para o noso Proxecto deste curso: Un bosque para ler e navegar.

No Terceiro Ciclo aproveitaremos para coñecer ós seres máxicos que habitan o bosque.


miércoles, 26 de enero de 2011

A OLIVEIRA, A ÁRBORE DA PAZ. SEGUNDO CICLO.


Estes días estamos a nos preparar para celebrar o Día Escolar pola Paz. Temos escoitado que a oliveira é a árbore da Paz, pero... por que se di iso...?

Aproveitaremos esta celebración para estudiar a oliveira dende diversas perspectivas. Comenzamos, así, as Actividades de Educación Documental para o noso Proxecto deste curso: Un bosque para ler e navegar.

No Segundo Ciclo aproveitaremos para coñecer os segredos das prantas mediciñais.


A OLIVEIRA, A ÁRBORE DA PAZ. PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA



Estes días estamos a nos preparar para celebrar o Día Escolar pola Paz. Temos escoitado que a oliveira é a árbore da Paz, pero... por que se di iso...?

Aproveitaremos esta celebración para estudiar a oliveira dende diversas perspectivas. Comenzamos, así, as Actividades de Formación Documental para o noso Proxecto deste curso: Un bosque para ler e navegar.

No Primeiro Ciclo aproveitaremos para coñecer as árbores do patio do Colexio.






POEMAS E ADIVIÑAS DE 1º A


Desta vez, chegoulles o turno ós nenos e nenas de 1º A para participar nos Venres de Viva Voz

Se os vistes o curso pasado, comprobaredes que teñen crecido moitísimo, que teñen madurado un montón, e que... isto de falar en público (que é do que se trata) dáselles cada vez mellor!

Noraboa!



domingo, 23 de enero de 2011

BUSCANDO UN LOGO PARA O NOSO P.D.I.



Atopar un logotipo para unha empresa é algo moi serio e para nada doado. No empeño de atopar un logo axeitado para o noso Proxecto Documental Integrado (Un bosque para ler e navegar) levamos dende principio de curso. 

Pero... que é un logo? Que elementos debe incluír? Coa información proporcionada dende o Equipo de Biblioteca, cada aula traballou, ata finais de outubro, sobre o tema, e fixo a súa proposta de diseño.




Como vos estamos a demostrar, elixir un logo que nos represente está resultando laborioso. Con todas as propostas, organizamos un Concurso on line na páxina web do Colexio. Aquí podedes ver os candidatos.

Rematado o prazo de votacións, a gañadora ten sido Aisha Saidy, de 6º B.

Pero non creades que o tema ten rematado. Agora, cos nosos socios da Agrupación ARCE, temos que elixir o logo do agrupamento. Así que a proposta de Aisha competirá coa do C.E.I.P. El Llano de Gijón, coa da Escola Joan Rebull de Reus e coa do C.E.I.P. Jardín de Arena de Alcázar de San Juan.

Podedes seguir a evolución do proceso no blog da Agrupación.

jueves, 20 de enero de 2011

LITERATURA PARA A PAZ




Como cada ano, o Seminario Galego de Educación para a Paz presentou as súas propostas para o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. 

Nesta ocasión, atopamos unha colaboración de Pilar Sampedro, unha das nosas apreciadas Asesoras de Bibliotecas Escolares, que elaborou un documento titulado Literatura Infantil e Xuvenil Galega para a Paz. 

Grazas, Pilar! Sen dúbida, será de moita axuda. 


LUIS FERNANDO, NO CONTACONTOS



Os Mércores de Conto recomenzaron, na nosa Biblioteca, o día 12 de xaneiro, coa participación de Luis Fernando, antiguo alumno do Colexio.

Luis non nos esquece, e nós tampouco a el. Ademais de seres un chico estupendo, é, nada máis e nada menos, que bisneto da señora Digna de Pontecaldelas, unha muller que ten feito moitísimo por que a nosa cultura e a nosa tradición oral non se perdan.

Así que, con estes antecedentes non é difícil imaxinar que Luis acabará sendo un grande contacontos.

Comenzou contándonos o conto favorito do seu curmán: O homiño de pan.

Pero onde Luis ten unha grande mestría é inventando contos. A proposta dos espectadores (que aportaron varios elementos) deu en contar contos improvisados que resultaron realmente encantadores.

Grazas, Luis, por estar connosco. Esperamos volver a verte dentro de moi pouco.



miércoles, 19 de enero de 2011

S.O.S. ABELLAS!


Nos últimos tempos as novas sobre a saúde das abellas resultan preocupantes. Porque unha abella non é tan só un pequeno insecto. É o inicio dunha cadea da que, o último eslabón, é o home. 

Preocupados por este tema, os alumnos e alumnas de 4º B preséntannos, na actividades semanal do Noticieiro Ecolóxico, un vídeo e un documento sobre as abellas. 






MICHAEL JACKSON E A CANCIÓN DA TERRA


En numerosas ocasións, Michael Jackson demostrou que tiña unha grande sensibilidade hacia os problemas da Humanidade. Quen non lembra o famoso We are the world?

Grazas a Mercé, a nosa compañeira da Escola Joan Rebull, coa que o noso Centro está irmandada a través do Programa ARCE, coñecimos que Michael Jackson tamén se implicou, no seu día, coa defensa da Natureza.

Se premedes na foto, atoparedes o enlace a un vídeo censurado polo seu país e gravado no ano 1996. Moi apropiado para o noso Proxecto deste curso, e, sen dúbida, complementario das cancións que estamos a aprender.

Reflexionemos co vídeo, co texto e con Michael Jackson: onde nos temos equivocado?; como queda o home?; como queda a Natureza?


sábado, 15 de enero de 2011

PLdN, UNHA FERRAMENTA PARA A LECTURA E A APRENDIZAXE


Como xa sabedes, Pequeño Libro de Notas é unha revista dixital para nenos é nenas que temos enlazada no lateral do noso blog. 

Ademais de poder disfrutar cos cómics de fantásticos ilustradores, podemos ler artículos ben interesantes. Como estes dous que aparecen no número desta semana: 

Cómo funciona la lavadora, de Francisco Serradilla e Irene.
     

 Los virus informáticos, de Louie Stermole.

Como poderedes comprobar, divulgativos e moi clariños.

miércoles, 12 de enero de 2011

NO DÍA DA PAZ, MIRA MÁIS ALÓ


Para preparar o Día Escolar pola Paz, estamos a traballar con estes materiais. O resultado, o día 28, data na que toda a Comunidade se reunirá para festexalo.

Como xa vimos dicindo, este curso estamos a enfocar o Día da Paz en función do noso Proxecto Documental Integrado, que se titula Un bosque para ler e navegar. Porque, como teredes adiviñado, o noso PDI toma como referencia o Ano Internacional dos Bosques, que se celebra durante este 2011 que vimos de inaugurar.

Para centrar o tema, acompañarémonos desta canción de Cómplices, titulada Está llorando el sol.



Realmente, o sol ten moitos motivos para chorar, porque, en lugar de tratar o noso entorno natural con agarimo, estamos a maltratalo. 

Quizás debamos mirar con visión de futuro, a longo prazo, para decatarnos de que, realmente, a Humanidade está a facelo moi mal. Tal vez esta canción de La Unión (Hermana Tierra) nos axude:



Se vos ocurre algo? Tendes algunha iniciativa? Por pequena que sexa, seguro que, se perseveramos, faremos algo grande. 

Como Wangari Maathai, unha muller keniana que chegou a ser Premio Nóbel da Paz no ano 2004 por prantar árbores nunha terra desértica.
Podemos ver a presentación que atopamos no Blog de tarefas da Escola Unitaria de Vide:


Algo parecido narra un viaxeiro nun fantástico libro de Jean Giono titulado O home que prantaba árbores. Anímote a lelo, porque é realmente delicioso. Pero, mentras tanto, quizás te anime ver este vídeo:




Videos tu.tv



PARA QUE O BOSQUE SIGA A SER O BOSQUE


Este ano queremos relacionar o noso Día da Paz co tema do Proxecto Documental Integrado deste curso: Un bosque para ler e navegar. 

Buscando información na Rede, atopei esta fermosísima canción de Joan Manuel Serrat, escrita hai moitos anos (só hai que ver o xoven que está nos vídeos), e que resulta toda unha profecía. A canción (Pare) está en catalán, pero, para facilitarvos a lectura, téñovola reproducido en castelán. De todos os xeitos, podedes ler a letra orixinal neste enlace.


Padre
decidme qué
le han hecho al río
que ya no canta.

Resbala
como un barbo
muerto bajo un palmo
de espuma blanca.

Padre
que el río ya no es el río.
Padre
antes de que llegue el verano
esconded todo lo que esté vivo.

Padre
decidme qué
le han hecho al bosque
que ya no hay árboles.

En invierno
no tendremos fuego
ni en verano sitio
donde resguardarnos.

Padre
que el bosque ya no es el bosque.
Padre
antes de que oscurezca
llenad de vida la despensa.

Sin leña y sin peces, padre
tendremos que quemar la barca,
labrar el trigo entre las ruinas, 
padre,
 cerrar con tres cerrojos la casa
y decía usted...

Padre
si no hay pinos
no habrá piñones,
ni gusanos, ni pájaros.

Padre
donde no hay flores
no se dan las abejas,
ni la cera, ni la miel.

Padre
que el campo ya no es el campo.
Padre
mañana del cielo lloverá sangre.
El viento lo canta llorando.

Padre
ya están aquí...
Monstruos de carne
con gusanos de hierro.

Padre
no, no tengáis miedo,
y decid que no,
que yo os espero.

Padre
que están matando la tierra.
Padre
dejad de llorar
que nos han declarado la guerra.



martes, 11 de enero de 2011

FINOU MARÍA ELENA WALSH



Esta sobremesa, agachada entre as liñas do periódico, atopei a nova da morte de Mª Elena Walsh.

Mª Elena Walsh, de nacionalidade arxentina, foi unha escritora e música que adicou a súa obra, maioritariamente, ó público infantil. 

Aínda sen sabelo, Mª Elena Walsh tamén formou parte do meu universo infantil, e, logo, da miña vida profesional: aquelas fermosísimas cancións cantadas por Rosa León nos meus primeiros anos, das cales a miña favorita foi sempre El brujito de Gulubú (Canción de la vacuna); Manuelita la tortuga acompañoume no meu exame de oposicións; La Vaca Estudiosa, Perro Salchicha ou El Reino del Revés constituíron grandes éxitos entre o alumnado nos meus primeiros anos de docencia.

Déixovos este vídeo da miña canción favorita, cantada por Rosa León, que forma parte dun programa tamén emblemático na nosa infancia: "1, 2, 3... responda otra vez".




E aquí, unha colección de cancións de Mª Elena Walsh con estupendas animacións. Só espero que disfrutedes con elas tanto como teño disfrutado eu.




miércoles, 5 de enero de 2011

O TEU ÁLBUM ILUSTRADO DO MES DE XANEIRO


Comenzamos o ano con dous álbumes ilustrados de Michel Ocelot.

Michel Ocelot naceu en Francia no ano 1943. Durante a súa infancia, trasladouse coa súa familia a Guinea, voltando na súa adolescencia á cidade francesa de Anjou.

Despois de estudiar Arte, adicouse ó cine de animación, sendo el mesmo o creador dos guións e dos debuxos das súas películas.

Na actualidade, Michel Ocelot vive e traballa en París. É un dos animadores e ilustradores máis reputados e respectados de Europa.

A súa obra caracterízase pola utilización de grande cantidade de técnicas de animación. Adoita empregar técnicas distintas en cada unha das súas películas, pero todas elas coinciden na temática, centrada nos contos de fadas e na fantasía.

As súas producións caracterízanse por unha certa rixidez, polo traballo con siluetas e polo uso das perspectivas frontais e laterais. Isto parece unha influencia da arte exipcia, da que Michel Ocelot é un gran afeccionado.

Hoxe invitámosvos a ler e a elixir o voso álbume favorito entre estes dous de Michel Ocelot:
                                                                                    
                                                                                      
 Azur e Asmar

 Unha fábula didáctica que pretende concienciar a  nenos e non tan nenos sobre a necesidade de respectar outras culturas e outras sociedades.
Kirikú y la bruja

Unha historia baseada nun conto africán da tradición oral.

Para que sigades disfrutando da obra de Michel Ocelot no seu formato primixenio, deixámosvos aquí os  vídeos de dúas das súas películas máis queridas: Kirikú e a bruxa e Kirikú e as bestias salvaxes







A obra de Michel Ocelot non se limita á grande pantalla. Príncipes e princesas é unha serie de televisión na que, en cada capítulo, se presentaba a un príncipe e a unha princesa procedentes de diversos tempos e lugares. Aínda que está en francés e subtitulada en inglés, podedes disfrutar do marabilloso traballo que Ocelot fai con siluetas de papel. 


Por último, para que disfrutedes da evolución da obra de Michel Ocelot, presentámosvos anacos de catro obras diferentes: un fragmento de A princesa insensible; o trailer de Azur e Asmar; a Lenda do Pobre Xorobado, e un anaco de Los Tres Inventores, unha alfaia elaborada con encaixe branco.



martes, 4 de enero de 2011

FALANDO COAS MANS


Xaneiro comenza forte no VERBUM.

O Museo das Palabras comenza o ano 2011 con moito dinamismo. Xa, incluso, antes do comenzo das clases, oferta os domingos pola mañán un Obradoiro gratuito de títeres para nenos e nenas entre 3 e 12 anos.

Unha actividade moi atractiva para encher o ocio familiar.

Para máis información, premede neste enlace.

ECOS DO DÍA DA PAZ



O pasado venres día 28 celebramos, por adiantado, o Día da Paz.

Despois de ter preparado, durante a semana, o mural que ilustra esta nova, nos reunimos todo o alumnado e o profesorado no Salón de Actos.

Entre actuación e actuación, fomos lendo as editoriais que cada grupo preparou a partir das propostas do Equipo de Biblioteca. En medio, obras de teatro, títeres e cancións.




Realmente, impresionantes estes editoriais: está claro que a rapazada está aprendendo ben a lección da defensa da Natureza. Non vos parece?

Despois, baixamos ó patio, e todos xuntos compartimos coas nosas familias os temas cos que temos reflexionado durante estas semanas sobre o Proxecto Documental Integrado deste curso: Está llorando el sol e Hermana Tierra.

Aquí podedes vernos en plena acción.




E aquí tendes a reportaxe fotográfica do día:




Pero a preparación deste día non quedou só en cantos e actuacións. Nos diferentes grupos temos reflexionado sobre a defensa da natureza, e este é o resultado das nosas reflexións:






CARRAPUCHIÑA E O LOBO


Comenzamos o ano 2011 mostrándovos un dos traballos realizados durante o Primeiro Trimestre polo noso alumnado de Educación Infantil. 

Relacionado co noso Proxecto Documental Integrado (Un bosque para ler e navegar), os nenos e nenas de Educación infantil traballaron sobre o conto de Carrapuchiña Vermella, e aprenderon este poema de Ana Mª Fernández.

Aquí tendes o resultado dos traballos dos máis cativos, os de 3 anos:




VOUCHE CONTAR UN CONTO


Os nenos e nenas de 4 anos B adoitan contar ós seus compañeiros o seu conto favorito. 

Hoxe temos aquí a Ivan, que quedou impresionado pola saída ás Gándaras de Budiño organizada pola A.N.P.A. Cóntanos o seu conto favorito dende aquel intre: O Trotaaugas e as Gándaras de Budiño.

Disfrutádeo!