Segundo o Calendario Escolar de Galicia, nos centros escolares debemos traballar, entre o 1 e o 10 de decembro, o aniversario da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía.
De casualidade, teño atopado estes materiais que, sen dúbida, poden axudarnos a traballar estas datas tan senlleiras:
- 6 de diciembre. Día de la Constitución. Un material da Junta de Castilla y León na que se fala da orixe da Constitución, dos dereitos que nela se recollen e da división en comunidades autónomas.
- La Asamblea de los Niños, unha iniciativa da Asamblea de Madrid onde, dun xeito moi lúdico, se nos fala do sistema participativo, da Constitución e do Estado das Autonomías. Aínda que algúns aspectos están centrados na Comunidade de Madrid, existen aspectos comúns a todas as autonomías.
- La Constitución Española para niños, unha versión resumida e clara dos distintos títulos da Constitución, realizada polo Parlamento de Canarias.
- La Constitución Española para niños, presentación de Óscar Sánchez:
- Actividades JClic sobre a Constitución (ano 2000).
- Álbum de Picassa con debuxos para pintar sobre o Día da Constitución.





No hay comentarios:
Publicar un comentario