GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 26 de diciembre de 2010

CURIOSIDADES DO NADAL EN FORMATO CÓMIC


No Pequeño LIbro de Notas (PLdN) desta semana atopamos este cómic tan divertido cun montón de curiosidades sobre o Nadal.

O cómic é obra do ilustrador Antonio G. de Santiago.

Aprendede e disfrutade del neste enlace.

jueves, 23 de diciembre de 2010

FELICES RECOMENDACIÓNS DE NADAL!




Tempo de Nadal. Tempo de familia. 

Dende O Lar de Frianciño queremos desexarvos un Feliz Nadal, e propórvos estas suxestións para vivir un Nadal máis culto e familiar: 

  • As nosas Recomendacións de Lectura: 
  • Agasallos en galego: 

  • Actividades de Nadal para a familia (consulta aquí o calendario):

  • Roque, o noso alumno de 1º curso de Primaria, ten sido seleccionado nun casting para participar no espectáculo Circo de Navidad, que se representará no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia os días 28, 29 e 30 de decembro. É unha boa ocasión para pasar unha tarde en familia. Deixámosvos os enlaces das novas que este espectáculo tivo na prensa. 


     



Fiesta Escénica promete la apoteósis (Faro de Vigo, 24/11/2010)

Abel Martín practica desde Oia el más difícil todavía (La Voz de Galicia, 4/11/20109



Máis nada. Só BO NADAL. Déixovos cunha panxoliña tradicional. 






miércoles, 22 de diciembre de 2010

UN AGASALLO DE NADAL


O último Mércores de Conto deste ano foi un auténtico agasallo en moitos sentidos.

En primeiro lugar, porque o conto que contou Marisol, a nai de Irene, titulábase, precisamente, así: Un regalo de Navidad. 
En segundo lugar, porque foi un intre de encontro no que participou toda a familia: pai, nai e fillas.
E, en terceiro lugar, porque nos prepararon moitas actividades: primeiro coñecimos curiosidades sobre as tradicións do Nadal; logo escoitamos o conto (do que poderíamos dicir que Marisol foi autora). E, por último, adornamos as nosas propias árbores de Nadal.

Grazas, Marisol, polo teu esforzo e entusiasmo, nesta ocasión, e todos os mércores (coordinando a actividade). 




martes, 21 de diciembre de 2010

TRADICIÓNS NAVIDEÑAS EN GALICIA

Despois de ter traballado a nova durante o Primeiro Trimestre, agora vos presentamos a nosa reportaxe sobre as Tradicións Navideñas en Galicia.

Cada grupo ten traballado sobre un aspecto diferente. O resultado téndelo aquí:



CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR...



Neste mes de decembro, para traballar as Tradición Navideñas en Galicia, o alumnado de Educación Infantil estivo a traballar sobre o libro Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis.


Este é o resultado do seu traballo:





FINAL DO CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA




O pasado día 16 de decembro, Aldara, David D., David G., Lola e Aroa acudiron a Santiago en compaña dos seus pais e da súa mestra, Conchi.

A cita foi no Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Santiago. 

Aínda que non merecimos ningunha mención, todos os participantes demostraron o seu entusiamo por ter participado, e a súa ilusión por voltar intentalo en anos vindeiros. 

Tamén foi moi positiva Cristina Novoa,  a Asesora de Bibliotecas Escolares, quen salientou o ben que se portara toda a rapazada, e o ben que leran. 

Pois ala! A seguir lendo e entusiasmándose! Mentras tanto, disfrutade coas imaxes do día (premede na foto para ver a presentación):



ARTE NA MOCHILA


Cando as Mochilas Viaxeiras chegan ás casas dos cativos, prodúcese un pequeno gran acontecemento cheo de sorpresas.

O mesmo nos ocurre a nós cada vez que abrimos os cadernos viaxeiros. Nesta ocasión, ó abrir o Caderno Viaxeiro da aula de 5º A descubrimos estes fermosos debuxos:




Indagando, indagando, descubrimos que Iria, a irmá de Roi, estudia Belas Artes. E como nos gusta tanto que as familias dos nosos alumnos participen das actividades da escola, decidimos invitala a nos aprender esta técnica tan estupenda. 

Así que... montamos un obradoiro para 4º, 5º e 6º curso de Primaria. Con papeis de agasallo, témperas, tesoiras e papel craf, os rapaces elaboraron unhas estupendas postais de Nadal. 

Moitas grazas, Iria, por compartir connosco a túa arte!



NOTICIEIRO ECOLÓXICO DE 2ºB


Con algo de retraso, achegámosvos o traballo elaborado polos nenos e nenas de 2º B.




lunes, 20 de diciembre de 2010

OS PETOS DE LORETO, O NOSO ÁLBUM FAVORITO


Durante o mes de novembro, traballamos sobre o álbum ilustrado.

Como lembraredes, os álbumes propostos foron Os petos de Loreto e Eduardo. Despois de disfrutar coa lectura, o noso alumnado votou o seu favorito. 

A elección foi reñida, pero, finalmente, Os petos de Loreto resultou o noso favorito. 

 






jueves, 9 de diciembre de 2010

IMOS Á FINAL DO CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA


Un grupo de alumnos e alumnas do 5º curso de Primaria resultou finalista no I Concurso Ler e Escoitar.

Este concurso de lectura en voz alta foi convocado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, coa intención de potenciar a lectura expresiva. 

Cinco dos nosos alumnos quedaron finalistas no apartado de grupos: Aroa Álvarez, Lola Barreiro, David Domínguez, Aldara Diéguez e David González.

A próxima cita será o vindeiro xoves 16 de decembro, en Santiago. Sexa cal sexa o resultado, noraboa ós cinco polo voso traballo. E noraboa tamén a Conchi, a súa mestra.

Podedes consultar a resolución neste enlace da páxina de Bibliotecas Escolares.

E aquí podedes ver ós cinco no vídeo enviado:



lunes, 6 de diciembre de 2010

10 de DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS



Presentámosvos estes materiais que temos recibido a través dos nosos compañeiros do PLAMBE, para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos: 
  • Comenzamos con este vídeo que temos atopado en Youtube:



    • Grazas a Ángeles Saco, do C.E.I.P. Eduardo Pondal, que nos achegou este conto titulado Café dulce, café amargo.





    • Dende o C.E.I.P. Andrade (Pontedeume) Encarnación Fernández achegounos este traballo realizado polos alumnos e alumnas do Terceiro Ciclo: 



      CANDO TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO DISFRUTAN DOS SEUS DEREITOS, TODOS SAÍMOS GAÑANDO



      Unha ollada ós seus Dereitos con ollos de neno.

      Aínda que o Día Internacional dos Dereitos do Neno e da Nena foi o pasado 20 de novembro, esta conmemoración, como tantas outros, debéramola ter presente os 365 días do ano.

      Coñecín este vídeo tan estupendo grazas á miña amiga Ana. Penso que paga a pena.



      CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA


      Segundo o Calendario Escolar de Galicia, nos centros escolares debemos traballar, entre o 1 e o 10 de decembro, o aniversario da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía. 

      De casualidade, teño atopado estes materiais que, sen dúbida, poden axudarnos a traballar estas datas tan senlleiras: 

      • 6 de diciembre. Día de la Constitución. Un material da Junta de Castilla y León na que se fala da orixe da Constitución, dos dereitos que nela se recollen e da división en comunidades autónomas. 

      • La Asamblea de los Niños, unha iniciativa da Asamblea de Madrid onde, dun xeito moi lúdico, se nos fala do sistema participativo, da Constitución e do Estado das Autonomías. Aínda que algúns aspectos están centrados na Comunidade de Madrid, existen aspectos comúns a todas as autonomías. 




      • La Constitución Española para niños, unha versión resumida e clara dos distintos títulos da Constitución, realizada polo Parlamento de Canarias

      • La Constitución Española para niños, presentación de Óscar Sánchez: 





      • Actividades JClic sobre a Constitución (ano 2000).









      domingo, 5 de diciembre de 2010

      VENRES DE VIVA VOZ EN 6º B


      Nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 6º B adicaron o Venres á poesía. 

      Poesía creada por eles (a partir dun poema de Antón García Teijeiro) ou por grandes poetas, como Miguel Hernández.






      MÁIS MÉRCORES DE CONTO


      Contaron contos para nós Ana Carolina e Ángela.

      Ambas dúas son alumnas do 4º curso de Primaria. Escolleron libros na Biblioteca, prepararon os contos, e contáronllos ós seus compañeiros o día 1 de decembro.

      Mirade as súas caras de satisfacción!




      CHIVOS E CHIVÓNS


      Bernal contounos o seu conto favorito.

      Na aula de Educación Infantil de 4 anos B,  durante a Hora de Ler, os cativos están a contar ós seus compañeiros o seu conto preferido.

      O de Bernal é  Chivos e chivóns. Disfrutade con el como temos disfrutado nós.





      O MES DE SANTOS SEGUNDO 4º B


      Esta foi a proposta dos alumnos e alumnas de 4º B para os Venres de Viva Voz.

      O mes de novembro, tamén chamado en Galicia Mes de Santos ou de San Martiño está plagado de curiosidades. O grupo de 4º B cóntanos algunhas delas neste vídeo:



      NOTICIEIRO ECOLÓXICO: OLA DE FRÍO EN GALICIA


      Os reporteiros da aula de Educación Infantil de 5 anos B investigaron sobre a ola de frío.

      E a verdade é que foi unha auténtica reportaxe:

      • primeiro, investigaron as novas na prensa escrita;
      • logo, inventaron os titulares, que foi escribindo a profe Nieves; 
      • empregando o Word, escribiron os titulares no ordenador;
      • imprimíronos;
      • recortáronos e os pegaron nun cartel, acompañándoos de fotografías;
      • gravaron os titulares para un programa de radio.

      Aquí tendes o magnífico resultado do seu traballo: 



      O NOTICIEIRO ECOLÓXICO SEGUE A SÚA MARCHA SEMANAL

      Nesta ocasión, os reporteiros foron os alumnos e alumnas de 6º A.

      Aquí tendes os resultados da súa investigación na prensa.





      viernes, 3 de diciembre de 2010

      CONTACONTOS NO VERBUM



      Os nenos e nenas de Educación Infantil (4 e 5 anos) visitaron o VERBUM.

      A cita foi o venres 3 de decembro, para participar nunha sesión de contacontos organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. O conto: A caixiña de cartón.

      Toda unha experiencia! Viaxar en autobús, sentados en sillas de adultos, e volta de novo. O ben que o pasaron e o formaliños que estiveron! Xulgade por vós mesmos!






      jueves, 2 de diciembre de 2010

      TODOS SOMOS DIFERENTES


      No Día Mundial da Discapacidade, propómosvos estas actividades para reflexionar sobre o tema. 

      Coñecimos este material a través de Mar Sueiro, do C.P.I. San Vicente de A Baña. Está incluído no blog elaborado polos pais dun neno autista: El sonido de la hierba al nacer. Botádelle unha ollada e veredes que é válido para unha aproximación ó mundo do autismo, pero, tamén, para achegarnos a outras persoas que non son coma nós: deficientes visuais, físicos, psíquicos, compañeiros procedentes doutros entornos culturais e sociais...

       


      Na variedade está o gusto, e na diferenza, o xenuino de cadaquén. Para aprender a descubrilo, deixovos con este amable conto: El cazo de Lorenzo, que coñecín hai tempo grazas á miña amiga e ex-compañeira Nuria. Disfrutade e aprendede!




      Festexemos que somos quen somos, e respectemos a diferenza!



      SAÍDA ÁS GÁNDARAS DE BUDIÑO


      Para disfrutar do espectáculo da migración das aves, a A.N.P.A. organizou esta saída ás Gándaras de Budiño.

      A saída tivo lugar o pasado sábado, día 27 de novembro. E o tempo foi o noso cómplice, xa que estivo un día estupendo. 

      Coma sempre, a nosa A.N.P.A. está disposta a colaborar en todo intre cos nosos proxectos. Como este curso o PDI titúlase Un bosque para ler e navegar, nada mellor que contactar cun biólogo con tan boa disposición como Víctor e organizar unha saída ás Gándaras de Budiño. 

      A experiencia foi tan aproveitable, que xa están pensando en organizar unhas cantas saídas máis. Por organizar, incluso pensan nunha especie de Asociación da que xa teñen nome: CMAS. Seguiremos a informarvos, porque isto promete...

      E para os que non poidemos estar alí (por aquilo do don da ubicuidade), deixámosvos estas fotos, para que "morrades de envexa".



      GIJÓN, PUNTO DE ENCONTRO



      A cidade asturiana foi a que acolleu o primeiro encontro da nosa Agrupación de Centros Escolares

      A cita foi o 26 e o 27 de novembro, en Gijón. Alí estivemos as representantes dos centros participantes: a Escola Joan Rebull, de Reus, o C.E.I.P. Jardín de Arena, de Alcázar de San Juan, o C.E.I.P. Frian - Teis e o C.E.I.P. El Llano, de Gijón, o noso anfitrión. 

      O C.E.I.P. Frian estivo representado pola Xefa de Estudios, a Coordinadora TIC e a Coordinadora da Biblioteca.

      Durante a xornada de traballo, tivemos tamén a oportunidade de coñecer o colexio e ó profesorado do C.E.I.P. El Llano, onde nos recibiron cunha magnífica exposición sobre reciclaxe. E despois do traballo, visitamos os arredores. Aquí nos tendes, pasando frío no Mirador da Providencia, ou posando despois de buscar infructuosamente ó doutor Mateo en Lastres. 


      Haberá que tomar nota do bo facer dos organizadores!