GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 28 de septiembre de 2010

BIBLIOTECARIOS E BIBLIOTECARIAS REUNIDOS

O pasado mércores 22 de setembro, varios mestres e mestras bibliotecarios da zona de Vigo, Tui e o Miñor xuntámonos no C.E.I.P. Número 1 de Tui.

Nesta ocasión, foi Nerea a que nos acolleu na súa fantástica biblioteca. Pero temos que citar, coma sempre, o bo facer de Ángeles, a "alma mater" destas xuntanzas bibliotecarias. Grazas ó seu tesón e á súa organización, cada vez somos máis neste grupiño. E nunca está de máis coñecer xente nova!

Como vedes, falar de libros e de bibliotecas é importante. Pero se o acompañamos dunhas boas viandas, resulta moito máis agradable.

Que se repita!



3 comentarios:

Anónimo dijo...

Pasan tan rápido que non teño tempo a pensar nos meus dereitos de imaxe.
;-)
Pablo Panxón

adelaida dijo...

Que se repita! E a próxima vez tamén quero estar eu! Son estas pequenas xuntanzas as que fan máis fortes e grandes as nosas biblis... Animo para todos os proxectos deste curso que comeza!!!!

Nerea dijo...

Foi un pracer recibirvos na nosa Biblio, e, coma sempre, unha sesión enriquecedora. Grazas por vir. Un bicazo.
Un bico tamén para Adelaida, vémonos!