GRAZAS!
A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Para vós, para sempre: GRAZAS!
lunes, 21 de junio de 2010
viernes, 4 de junio de 2010
FESTA FIN DE PROXECTO
Foi un día de moito esforzo previo, de moita actividade. Pero, tamén, de ruptura respecto á rutina diaria, de ledicia e de convivencia entre toda a Comunidade Educativa.
Quixeramos poder expresar todos os sentimentos (e o cansanzo misturado cunha inmensa ledicia) que experimentamos cando rematou a longa, longuísima xornada. Non sei se seríamos quen de facelo con palabras. Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixámovos este enlace para que poidades disfrutar da xornada con decenas delas.
Coa Festa da Interculturalidade, puxemos fin ás actividades do noso Proxecto Documental Integrado deste curso (Un cole, un libro: o mundo!).
jueves, 3 de junio de 2010
MOVÉNDONOS CON ÁFRICA E CON AIDA
Grazas a Ana, a nai de Muriel, contactamos coa Asociación.
Só temos fermosas palabras para Pepain, Sidi, Mor e o resto de colaboradores, porque son quen de transmitirnos o mellor de África: a xenerosidade, a donación, o traballo en equipo...
A súa axuda foi enorme de cara á nosa festa de fin de proxecto (da que xa vos daremos conta máis polo miúdo):
- emprestáronnos materiais e obxectos de África para a nosa Exposición de obxectos do mundo;
- agasalláronnos cunha estupenda sorpresa: unha degustación de buñuelos e bissap, típica bebida do Senegal;
- por último, esta mesma mañán, Sidi e Mor estiveron cos alumnos e alumnas do Primeiro e Segundo Ciclos de Primaria, contándonos fermosas historias e tocando o djembé para nós.
Aquí tendes a proba do ben que o temos pasado.
Unha vez máis, grazas a AIDA pola súa xentileza. Ogallá sexamos quen de transmitir o noso agradecemento dun xeito tan caluroso e inconfundible coma vós.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)


