Ou o que é o mesmo: Decálogo para ser lingüísticamente sostibles.
Hai algunhas semanas, publicamos no noso blog este Decálogo, que partiu da aportación de Adelia Troncoso, a nosa compañeira de PLAMBE.
Para demostrar que o mundo é un pano (e máis aínda o mundo tecnolóxico), o noso Decálogo caiu en mans de Aitor Etxebarria, asesor de Normalización Lingüística do Parlamento Vasco. Grazas ó correo electrónico, contactou co noso cole e pediunos que traducíramos esta presentación ó seu idioma.
O domingo 21 de febreiro, Día das Linguas Maternas, apareceu enlazado nun blog chamado KARRAJUA (que siñifica "pasillo").
Aquí tendes o enlace, e o nome do noso colexio ben visible ó final.
Que as linguas sirvan sempre para unir, nunca para separar!

1 comentario:
Monica, non coñecía o teu blog ate hoxe. Agradezoche tamen aqui o traballo. Unha aperta.
Publicar un comentario