
A mañá de hoxe, 9 de decembro, ten rematado ben, pero que moi ben.
Sobre as 13 horas do mediodía recibiamos no noso cole a nova do Ministerio: xunto con outros catro centros de Galicia, acababamos de ser galardoados co Terceiro Premio Nacional de Boas Prácticas nas Bibliotecas Escolares.
Como este non é un premio individual, senon que é resultado da suma dos esforzos de todas e todos, queremos comunicárvolo dende aquí, e darvos as grazas a toda a Comunidade Educativa (familias, alumnado e profesorado) por facelo posible.
Unha lembranza moi especial ó Equipo Directivo, que sempre nos ten apoiado con entusiasmo, e a todos os centros integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) por compartir connosco as vosas propostas e, así, permitirnos aprender delas.
E, por último, grazas a Cristina e a Pilar, pola súa abnegada, esforzada e marabillosa laboura como Asesoras de Bibliotecas Escolares.
10 comentarios:
Noraboa polo premio!
Saúdos desde Betanzos
Como decía la canción:Y si somos los mejores?, bueno y que...bueno y que...pienso que es el momento de no tener abuelas. Enhorabuena a todos y todas y que anime a seguir por este camino,él cual, nos hace a todos y todas sentirnos orgullosos de formar parte del CEIP FRIAN_TEIS
una profe
Estades que vos salides eh!!
Alégrome moito!!! Merecédelo por todo o esforzo e traballo que estades levando a cabo.
PARABÉNS E MOITOS BICOS!!!
Desde Sanxenxo sumámonos as felicitacións. Parabéns polo traballo realizado a prol da lectura e os libros.
Mónica, dende Ponteareas tamén queremos enviarvos os nosos parabéns.
Unha aperta
Bea
Moitos parabéns polo traballo e o esforzo. Que sempre pague a pena!
Saúdos dezaos
Moitos parabéns. É un pracer ver o traballo ben feito recoñecido tanto dentro da casa coma fóra dela.
Alégrome de corazón da concesión deste Premio. Téndelo máis que merecido.
Disfrutade del porque...¡estavos moi ben!
Bicos
Parabéns a toda a comunidade educativa!
Parabens ao centro polo premio, que non é mais que o recoñecemento do traballo ben feito.
Saúdos dende Moaña
Publicar un comentario