GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 24 de diciembre de 2009

BO NADAL!!!



Dende a Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Frian - Teis querémosvos desexar un Bo Nadal!


lunes, 14 de diciembre de 2009

AS NOSAS RECOMENDACIÓNS DE NADAL


Chega o Nadal. Un tempo para o lecer, a cultura, os agasallos e a familia.
Deixádevos aconsellar?

O Equipo de Biblioteca do Colexio ten elaborado unhas suxestións para facer unhas boas lecturas. Moitas delas están relacionadas co noso Proxecto Documental Integrado (Un cole, un libro: o mundo!). Podes consultalas aquí.

Por outra banda, queredes ocupar o tempo de lecer da familia? A cidade brinda un sinfín de actividades. Podes descubrilas neste enlace.



E...POR QUE NON EN GALEGO?


Nadal, tempo de agasallos.
Tendes xa todo preparado?
E... por que non agasallar en galego?

Presentámosvos este estupendo Catálogo elaborado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do C.E.I.P. Vicente Otero Valcárcel, de Carral.

Soñemos, falemos e agasallemos en galego!

miércoles, 9 de diciembre de 2009

10 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS


Hoxe, 10 de decembro, celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Pero, ás veces, estes dereitos non son universais.

Grazas ás achegas dalgúns compañeiros e compañeiras do PLAMBE, temos elaborado a nosa proposta para este día. Podes vela na nosa páxina web.

3º PREMIO NACIONAL DE BOAS PRÁCTICAS!!!



A mañá de hoxe, 9 de decembro, ten rematado ben, pero que moi ben.

Sobre as 13 horas do mediodía recibiamos no noso cole a nova do Ministerio: xunto con outros catro centros de Galicia, acababamos de ser galardoados co Terceiro Premio Nacional de Boas Prácticas nas Bibliotecas Escolares.

Como este non é un premio individual, senon que é resultado da suma dos esforzos de todas e todos, queremos comunicárvolo dende aquí, e darvos as grazas a toda a Comunidade Educativa (familias, alumnado e profesorado) por facelo posible.

Unha lembranza moi especial ó Equipo Directivo, que sempre nos ten apoiado con entusiasmo, e a todos os centros integrados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) por compartir connosco as vosas propostas e, así, permitirnos aprender delas.

E, por último, grazas a Cristina e a Pilar, pola súa abnegada, esforzada e marabillosa laboura como Asesoras de Bibliotecas Escolares.


martes, 8 de diciembre de 2009

RAPACIÑOS, A DURMIR, QUE CHEGA O APALPADOR!!!


Que sabes do Apalpador?

Os nosos alumnos e alumnas do 1º curso de Primaria xa o saben: para iso teñen traballado sobre esta caza do tesouro.

Fina cóntanos de primeira man como vivía ela a chegada do Apalpador cando era unha cativiña:




En Vieiros na Escola tamén teñen investigado sobre este personaxe. Podes aprender moitas cousas se premes aquí.

Vós podedes iniciar a vosa particular búsqueda con este agasallo de Nadal: Antón e o Apalpador, da Editorial Barafunda. (O final, atoparalo mercando o libro).

E aquí poderás coñecer outra novidade editorial deste Nadal: O Apalpador, de Editorial Biblos.

O NADAL NO MUNDO


De novo chega o Nadal! Pero... como se viven estas festas nos diferentes lugares do mundo?

Este curso, enlazando co noso Proxecto Documental Integrado, queremos coñecer como se vive o Nadal noutros países. Para iso, temos elaborado diferentes cazas do tesouro. Podes acceder a elas a través deste enlace que vos levará á nosa páxina web.

lunes, 7 de diciembre de 2009

AS ACTIVIDADES DO PLAMBE, RECOÑECIDAS NA PRENSA




Como ben sabedes, o noso Centro está, dende o curso pasado, integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). Moitas das actividades propostas nesta Rede Colaborativa xa están en marcha na nosa Biblioteca.

Un recoñecemento público nunca está de máis.
Nas últimas datas, as Bibliotecas Escolares Galegas e as súas actividades teñen sido nova en La Voz de Galicia.
Disfrutade dunhas informacións das que todos (vós e nós) somos protagonistas:

miércoles, 2 de diciembre de 2009

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE


O 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade. O día 6 do nadal lembramos a aprobación da nosa Constitución.

A través do Conto de Xandre quixemos relacionar ambas as dúas celebracións.
Para máis información, consulta a nosa páxina web.

lunes, 23 de noviembre de 2009

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Por desgracia, un ano máis temos que celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O único que podemos facer mentras esta lacra siga existindo é concienciar e denunciar.

Iso é o que pretendemos co material que temos colgado na nosa páxina web.
Ogallá que o ano que ven non teñamos que celebrar esta data!

jueves, 19 de noviembre de 2009

EN NOVEMBRO, TRADICIÓN ORAL


Outro ano chega novembro, e con el, a nosa cita anual coa Tradición Oral.

Este é un mes forte na nosa Biblioteca, con novas propostas, moitas das cales estenderanse ó longo do curso.

Comenzamos o mes cunha nova actividade: VENRES DE VIVA VOZ, a nosa grande aposta deste curso para traballar a expresión oral.

Na Hora da Biblioteca estamos tamén a traballar CONTOS DO MUNDO BASEADOS NA TRADICIÓN ORAL.

Por último, a mediados de mes comenzamos os MARTES DE CONTO, actividade semanal desenvolvida durante o horario das Actividades Extraescolares no que participarán diferentes membros da Comunidade Educativa.

Para coñecer máis polo miúdo estas iniciativas, visita a nosa páxina web.

viernes, 30 de octubre de 2009

ALFREDO GÓMEZ CERDÁ, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2009



Alfredo Gómez Cerdá ven de ser galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009, coa súa obra Barro de Medellín.

Semella que as bibliotecas, e a interculturalidade, están de moda. Outro libro que "meter na mochila" do noso Proxecto Documental Integrado deste curso.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria teno na Biblioteca. Animarvos a lelo!





ÁNGELES CASO, PREMIO PLANETA 2009




Ángeles Caso, columnista e escritora, acaba de recibir o Premio Planeta pola súa novela titulada Contra el viento.

Esta podería moi ben ser unha das lecturas axeitadas para traballar o noso Proxecto Documental Integrado deste curso, que versará sobre o Ano Internacional do Achegamento das Culturas. Seguramente, a humanidade da historia e a delicadeza e exquisitez da autora farán de Contra el viento unha lectura moi axeitada para os pais e as nais. Eu xa estou desexando lela!




domingo, 25 de octubre de 2009

NA CRESTA DA ONDA



O pasado sábado 10 de outubro, o noso cole estivo presente nas Xornadas Grimm que tiveron lugar en Vigo.

Participamos nos talleres as dúas Anas (a nosa Coordinadora TIC e a profe de Educación Infantil) e Mónica (a profe de Música). E, pola tarde, presentamos a todos os presentes a nosa curta (pero intensa) experiencia cos podcast.

Noraboa a todos e a todas polo traballo realizado o curso pasado! E... prepararvos, que xa estamos argallando novas propostas!


lunes, 12 de octubre de 2009

NOVA ANDAINA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS


As nosas Mochilas Viaxeiras iniciaron, o pasado día 9 de outubro, a súa nova andaina anual.

Tres novidades para este curso: máis mochilas, máis tempo en cada meta, e libros para os pais e as nais.

Esperemos que esta sexa, novamente, unha actividade pracenteira e familiar!

Para coñecer o contido das Mochilas, preme aquí.

E agora, disfruta coa satisfacción dos primeiros "mochileiros"!


domingo, 4 de octubre de 2009

GRAZAS POLA TÚA VIDA, MERCEDES!


Hoxe, 4 de outubro de 2009, o mundo da Música está de loito. Hoxe deixounos Mercedes Sosa, a "Negra Sosa", a gran dama da canción latinoamericana

Todo se unía nela: unha voz persoal e excepcional; unha sensibilidade exquisita que a situou sempre na defensa da liberdade, dos dereitos humanos e da muller; un compromiso coa súa terra que a levou a impulsar a música tradicional do seu pais. Unha auténtica nai-terra.

Mercedes Sosa estará sempre unida ás súas cancións: Gracias a la vida, Alfonsina y el mar, Canción con todos, Te recuerdo, Amanda... Cancións que nos falan de cotidianidade, de esforzo, de sacrificio, de amor, de esperanza...

Grazas pola túa vida, Mercedes!

LENDO EN FAMILIA


Concha Costas, do I.E.S. de Gondomar, achéganos información sobre esta actividade de lectura familiar.

Unha alternativa diferente para pasar unha estupenda fin de semana en familia, con charlas, actividades e fantásticas sesións de contacontos.

Descarga o programa na nosa páxina web.

domingo, 27 de septiembre de 2009

NAVEGANDO A VELOCIDADE DE CRUCEIRO!


Despois do verán, comenzamos as actividades na nosa Biblioteca. Feliz travesía!

Pouco a pouco, imos collendo ritmo. A Hora de Ler funciona xa dende o 10 de setembro, data do inicio do curso escolar. Coa chegada do outono, iniciamos a Hora da Biblioteca, con actividades de Formación de Usuarios e o servizo de préstamo.

Bo curso e boas lecturas!

martes, 1 de septiembre de 2009

O GALEGO... PARA ENTENDÉRMONOS!!!



Benvidos ó novo curso 09-10. Para quentar motores, nesta época de debates interesados en favor e en contra da nosa lingua, achegámosvos este vídeo tan ben pensado e tan respectuoso.

Esta preciosa presentación chegou ata nós a través de Gracia, de Trafegando Ronseis. Que palabras tan ben feitiñas e tan nosas! Desfrútadeas e non as esquezades, porque son a herdanza dos nosos devanceiros, o que nos fai únicos e irrepetibles.

miércoles, 1 de julio de 2009

REFRÉSCATE LENDO



Por fin chegaron as ansiadas vacacións! Xa teremos máis tempo para disfrutar do sol,
dos amigos, da comida... e da lectura!

Porque calqueira lugar é bo para ler, LE!
Baixo o parasol, baixo a sombra dunha frondosa árbore, ó carón dunha bebida xeada... LE E REFRÉSCATE!

Feliz verán e Felices lecturas!

martes, 16 de junio de 2009

NON ELIXAS A TONTAS E A TOLAS. LE, E... INFÓRMATE!


Estes días estamos todos alporizados por mór da lingua. A lingua, que debera ser símbolo da comunicación e da concordia, está sendo usada como arma política, prendendo o lume da discordia onde galego e castelán tiñan unha convivencia pacífica.

Agora se nos plantexa o dilema de firmar unha enquisa. Pero... que imos firmar...?
Para tomar unha decisión propia e non sentirnos manipulados, debemos estar informados. Por iso vos ofrezo estas lecturas e reflexións, que en nada deberan resultar sospeitosas.

Lede, porque, como dicía un dos meus mestres... só lendo seredes realmente libres!

Aquí tendes este vídeo da televisión sueca sobre as linguas en perigo en Europa. Que non o entendedes...? Aquí tendes a tradución:

  • Linguas recentemente extinguidas...
  • Linguas seriamente ameazadas...
  • Linguas en perigo...
  • Linguas en perigo potencial... (aquí figura o galego)
  • Falas algunha destas linguas?
  • Pensas que é importante salvar estas linguas?
  • Que podemos facer?
  • Déixame sabelo!
  • Grazas por vernos!




Para falar sobre linguas, ninguén mellor ca un lingüista, e, máis aínda, castelán. Aquí tendes unha conferencia impartida por Juan Carlos Moreno Cabrera, profesor da Universidade Autónoma de Madrid, que desmonta os mitos sobre a predominancia do castelán.




Por último, xa que estamos a falar de lingua e de escola, parece que o máis aconsellable é escoitar a voz dos expertos: dos mestres e mestras.




Queres saber como temos chegado ata aquí. Le o lúcido e documentado artigo de Xosé Luis Regueira, da Academia da Lingua Galega

viernes, 5 de junio de 2009

FEIRA DO 1809


Por fin chegou a data tan esperada: o 21 de maio, no que celebramos a Festa do 1809.

Foi unha festa por todo o alto, coa que dimos por rematado o noso Proxecto deste curso: Ó ataque, meus lectores!. Obradoiros e xogos pola mañán; comida campestre coas nosas familias e Festival pola tarde.

Non perdas detalle na nosa páxina web.

lunes, 18 de mayo de 2009

MI TÁCTICA ES QUEDARME EN EL RECUERDO



O 17 de maio, Día das Letras Galegas, o mundo da poesía e da liberdade quedaron orfos: Mario Benedetti permanecerá sempre na nosa lembranza.

Podes ver a nosa sinxela homenaxe a este uruguaio universal na nosa páxina web.




miércoles, 13 de mayo de 2009

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR. A VOTAR...!



Por fin temos colgadas as fotos do Concurso!

Achégate a este enlace, bótalles unha ollada, e logo... vota a túa preferida! Temos que atopar un gañador antes do próximo xoves...!

Como votar...?
- En cada ordenador só pode votar unha persoa.
- Vai ó enlace; ollea ben as fotos.
- Escolle as túas favoritas.
- Podes puntualas engadindo estrelas (se che gusta moito, preme cinco estrelas).
- O programa fará o reconto de todos os votos.

viernes, 1 de mayo de 2009

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS




Comenza o mes de maio, mes intenso no que ás Letras se refire. Este ano, adicado a Ramón Piñeiro.

Coa colaboración dos Equipos de Normalización Lingüística, TICs e Biblioteca, e os estupendos traballos que, dende o Plan de Mellora de Bibliotecas nos ofrecen compañeiros e compañeiras doutros Centros, temos realizado unha colleita de materiais e actividades para todos os ciclos e áreas.

Podes botar man deles na nosa páxina web.

VAI DE CONTOS




Ao longo do curso, aproveitando diferentes conmemoracións, e dende as distintas aulas e áreas, temos ido elaborando un feixe de contos en diferentes formatos.

Podes botarlles unha ollada na nosa páxina web.

Disfruta deles como nós temos disfrutado escribíndoos!

miércoles, 22 de abril de 2009

23 de Abril: DÍA DO LIBRO



Como cada ano, no cole celebramos hoxe o Día do Libro.


Aquí tes o estupendo vídeo sobre o Conto dos Contos que nos serviu para motivar a actividade cos máis cativiños:






Para ver máis polo miúdo en que consistiron as actividades, podes enlazar coa páxina web da Biblioteca.

E a continuación podes ver o estupendo libro que confeccionamos entre todas as aulas.






Gustouche, eh...? Pois nada que ver co directo. Invitámosche a visitar a nosa Biblioteca e a pasar as follas de verdade. Atoparás moitas sorpresas!

lunes, 13 de abril de 2009

PAPI E MAMI TAMÉN LEN



O pasado martes 31 de marzo de 2009, algúns dos nosos pais e nais reuníronse para debater sobre o libro que, previamente, tiñan traballado: Non é tan doado ser neno!

A actividade partiu do Departamento de Orientación, en colaboración co Equipo de Biblioteca Escolar e o Equipo de Normalización Lingüística. 
Ademais de disfrutar coa lectura, informámonos sobre temas que interesan á vida escolar dos nosos fillos e fillas. Neste caso, o Acoso Escolar. 

Esta bonita experiencia é continuación da que levamos a cabo durante o Primeiro Trimestre, no que limos Gordiño Recheo, de Fina Casalderrei.

jueves, 2 de abril de 2009

INTERTEATRO: TEATRO ESCOLAR NO NOSO COLE



O mércores 1 de abril de 2009, recibimos no noso Colexio unha visita moi especial: un grupo de nenos e nenas que, en representación das súas respectivas escolas, viñeron á nosa para mostrarnos o ben que actúan.

Os primeiros en actuar foron os nenos e nenas do Primeiro Curso do C.E.I.P. Javier Sensat, de Alcabre, que viñeron acompañados do seu mestre, Ramón, e de Pitu. Ofrecéronnos a súa vesión de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Magnífico, chicos!

Podedes ver as fotos na páxina web do noso Colexio.

A continuación, os rapaces e rapazas de 6º curso do C.E.I.P. Carrasqueira, de Coruxo, deron mostra do seu bo facer cos idiomas, representándonos Snow White, o famoso conto coñecido por todos nós (Brancaneve), pero... en inglés! E o ben que falaban...! Noraboa!




Grazas por compartir connosco a vosa arte!

lunes, 30 de marzo de 2009

SESIÓN DE CONTACONTOS DE KALANDRAKA


O luns 30 de marzo de 2009, os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutamos dunha estupenda sorpresa: a visita de Ana e Luis, que nos contaron unhas historias estupendas.

Estiveron connosco Garavanciño, Paco e o Cocodrilo. Ana contou, Luis tocou o seu acordión Federico, e nós... cantamos!

Pasamos un rato estupendo. As nosas caras din todo!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR: Un paseo polo Casco Vello



Os Equipos de Biblioteca e de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (T.I.C.s) convocan este concurso coa pretensión de que as familias do noso alumnado sexan tamén partícipes do Proxecto Documental Integrado que estamos a traballar este curso: a Reconquista da cidade de Vigo aos franceses.

Podes consultar as bases na páxina web do Colexio.


lunes, 23 de marzo de 2009

RATA LINDA EN COMPOSTELA



O luns 23 de marzo de 2009, os nenos e nenas de Educación Infantil, Primeiro e Segundo Ciclo de Primaria acudimos á representación do conto Rata Linda en Compostela.

Tratátase dunha versión do conto da Ratiña Presumida, segundo o libro de Bernardino Graña (Ed. Xerais).
Os dous personaxes fixéronos pasar un rato moi divertido.

Aquí tes máis fotos da xornada.



jueves, 12 de marzo de 2009

CONTARTE. OBRADOIROS DE ARTE E LECTURA NO NOSO COLE





O martes 10 de marzo, a práctica totalidade dos alumnos e alumnas de Primaria participamos na actividade Contarte, organizada polo Concello e a Editorial OQO.


Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria traballamos con Raquel sobre o libro O día que a mamá se lle puxo cara de teteira.


Comproba o ben que o pasamos premendo na foto .



Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria estivemos con Eva, que nos presentou O gran libro dos retratos de animais.


Comproba na seguinte presentación todo o que fixemos.


martes, 3 de marzo de 2009

PESCUDANDO NAS RÚAS DA TÚA CIDADE



No rueiro da nosa cidade aparecen moitos nomes vencellados á Reconquista de Vigo e á Guerra da Independencia. Pero... que sabes sobre esas rúas...?

Investiga e cóntanos o que tes averiguado!


domingo, 1 de marzo de 2009

LER EN FAMILIA


No noso cole, todos lemos. 
Para papi e mami propomos, dende o Departamento de Orientación, o Equipo de Normalización Lingüística, e a Biblioteca Escolar, a lectura do libro ¡Non é tan doado ser neno!, de Pilar Lozano (Ed. Rodeira)

Ademáis do seu interese literario (é Premio Edebé de Literatura Infantil) este libro presenta unha temática moi actual: o acoso escolar.

A cita para a posta en común será o vindeiro martes día 31 de marzo ás 17:00 horas.
Tendes á vosa disposición dous exemplares nos locais da A.N.P.A.

Esperámosvos!

Deámoslles exemplo aos nosos fillos e fillas. Xa sabedes que... SE TI LES, ELES LEN!

A RECONQUISTA DE FRIAN



O venres de Entroido (20 de febreiro) todo a Comunidade Educativa saiu polas rúas do noso barrio para conmemorar o Bicentenario da Reconquista de Vigo aos franceses. Foi un día de grande ledicia, e moi participativa.

Para saber máis e ver as fotos, accede dende aquí á noticia publicada na web do Colexio.

lunes, 16 de febrero de 2009

CHEGA O ENTROIDO!



Chega o Entroido! 

Nós xa estamos a preparar os nosos disfraces, e estamos ilusionados pensando na saída que faremos polo Barrio. Pero... que sabemos do Entroido...? Trátase dunha celebración que afunde as súas raíces na escuridade dos tempos. Entre todos, temos a obriga de facela perdurar. Pero, para iso, temos que nos concienciar da nosa responsabilidade e coñecer a fondo as orixes e as características desta celebración tan galega.

Se premes aquí, poderás achegarte aos recursos que, grazas á colaboración de moitos amigos e amigas, temos recollido na páxina web do noso Cole.

Se premes aquí, poderás coñecer as actividades que o Concello ten programado co gallo do Entroido.

Se premes aquí, poderás pasar o Martes de Entroido cos Bolechas no VERBUM.


domingo, 1 de febrero de 2009

AS MOCHILAS VIAXEIRAS INICIAN A SÚA ANDAINA




Por fin, as Mochilas Viaxeiras iniciaron a súa andaina.
Despois dos preparativos previos, conquerimos iniciar o préstamo, facéndoo coincidir co inicio oficial do noso Proxecto Documental Integrado


O día 22 de xaneiro, despois da fantástica obra sobre A Reconquista de Vigo representada pola A.N.P.A. no Salón de Actos do Colexio, as Mochilas Viaxeiras comenzaron a súa primeira visita. Para festexar un momento tan significativo, os primeiros "agraciados" foron retratados.




Para coñecer o contido das mochilas, accede á información da nosa páxina web.

A RECONQUISTA DE VIGO AOS FRANCESES



O día 23 de xaneiro, os membros da nosa A.N.P.A. subíronse, unha vez máis, ao escenario para disfrutar connosco das actividades propostas dende a Biblioteca Escolar. Este curso, como xa sabedes,  o Proxecto Documental Integrado xira en torno á Reconquista da cidade de Vigo aos franceses.

Todos e todas os que participamos na actividade pasamos un rato moi distendido, e disfrutamos cos feitos que, grazas as actividades que estamos a realizar semana a semana, estamos a coñecer.

Unha vez máis, GRAZAS Á A.N.P.A. pola vosa súa labor ardente e desinteresada a prol da lectura, do Colexio e do noso alumnado...!


miércoles, 28 de enero de 2009

30 de xaneiro. CONSPIRACIÓN POLA PAZ



Dende o Plan de Mellora de Bibliotecas, presentámosvos este traballo colaborativo de diferentes colexios e institutos de Galicia. Este curso non nos foi posible participar, por ter "demasiados frentes abertos". Pero sumámonos ás iniciativas destes compañeiros e compañeiras. As súas palabras e sentimentos son os nosos. Eles, e nós, querémolos compartir convosco.




PAZ?????????????






  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.




  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.




  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.




  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.




  • Utopía imposíbel.




  • Palabra que xera poesía.




  • Poesía? Poesía e Paz.


  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.



    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.



    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.





  • Tanques de algodón




  • Armas de caramelo




  • O noso soño




  • O noso desexo




  • A nosa conspiración.


Bota unha ollada aos traballos dos compañeiros e compañeiras doutros centros:











Teñen colaborado nesta iniciativa:


Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña. `
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra .
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.


Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.






Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis




E agora, se consultas a páxina web do noso cole, poderás ver as nosas propostas.