
A nosa proposta para o Día da Paz abarca este curso a toda a Comunidade Educativa, tamén ás familias e ó profesorado.
Co gallo da celebración do Día Escolar pola Paz, e tendo en conta o noso Proxecto Documental Integrado para este curso (Un cole, un libro: o mundo!) temos elaborado unha serie de materiais para investigar e coñecer as violacións de dereitos que, día tras día, se suceden nunha morea de lugares do mundo.
Coa intención de sensibilizar a toda a Comunidade Escolar, temos seleccionado tamén uns vídeos que farán visibles todas esas situacións de inxustiza que, a diario, viven miles de persoas do noso Planeta.
Todo isto podedes atopalo na nosa páxina web.
No hay comentarios:
Publicar un comentario