GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 30 de septiembre de 2012

A VOLTAS COA LINGUA



Así imos chamar ó concurso quincenal vencellado ó noso Proxecto Documental Integrado.

Este curso, o noso PDI titúlase A lingua sabe a pan. Inspírase nunha famosa frase de Álvaro Cunqueiro, quen, nunha entrevista, manifestou:

Unha lingua é boa cando sabe a pan, cando sabe a pan fresco.

A nosa pregunta desta semana é: Que cres que queriría dicir Cunqueiro con esta frase...?

Pénsao e enche o formulario.

NORMAS DA BIBLIOTECA



Temos novas actualizacións.

A semana pasada levamos a cabo unha sesión de Formación de Usuarios co profesorado do centro. Durante a charla xurdiu a necesidade de aclarar certos aspectos das Normas da Biblioteca. Así que, coas correccións pertinentes, presentámovolas de novo.

sábado, 29 de septiembre de 2012

AS VIAXES DE ÁGATA


Un fantástico xeito de achegarse ás grandes obras da literatura universal. 

No Pequeño Libro de Notas (Pequeño LdN) do 22 de setembro atopamos esta nova creación, obra de Sabela e Iria Aldrey. Unha aventura que levará a Ágata, e á súa gata Cristy, a visitar a biblioteca pública e a descubrir grandes obras e escritores doutros tempos.

Remata convidándonos a descifrar un misterio. Estades preparados para resolvelo...?

Consulta o Capítulo 1: El libro Mágico.


miércoles, 26 de septiembre de 2012

APRENDE A TE MANEXAR NA NOSA BIBLIOTECA

Antes de iniciar a viaxe, presentamos esta "Guía para navegantes..."

Para facilitar o acceso ós fondos, e para que todos nos esmeremos en manter ordeada a nosa Biblioteca, presentámosvos a Guía de Usuarios.

Facede bo uso dos seus consellos, e... se tedes algunha dúbida, preguntádelle ós bibliotecarios!





martes, 25 de septiembre de 2012

OS PROFES TAMÉN FACEMOS FORMACIÓN DE USUARIOS


Ante o comezo das actividades na Biblioteca, os profes reunímonos para nos formar.

Así é: a vindeira semana comezaremos coa Hora da Biblioteca, e tamén coas Actividades Extraescolares. Por iso, para estar ben preparados, decidimos facer unha xornada formativa para o profesorado, coa intención de refrescar todo o que debemos saber sobre o manexo da nosa Biblioteca.

Como os nosos alumnos, rematamos facendo "prácticas". E esta axuda extra veunos moi ben para rematar cos últimos toques.

Aquí podedes ver algúns intres da xuntanza.

lunes, 24 de septiembre de 2012

XA TES O TEU CARNET DE BIBLIOTECA!!!


Hoxe comezou na nosa Biblioteca o empréstito. 

Despois de estar durante estas últimas semanas a contrareloxo, facendo horarios, actualizando listas e imprimindo carnets, por fin... comezou o empréstito bibliotecario!

Aproveitamos esta ocasión festiva para darvos a coñecer este vídeo que nos achegou a nosa compañeira Águeda, coordinadora do Equipo de Biblioteca do C.E.I.P. Manuel Vidal Portela, de Pontevedra. Como os distintos personaxes que aparecen nel, visitade a Biblioteca. E, ademais, lede entre liñas.... Sodes quen de identificar de que películas proceden as imaxes do vídeo...?




lunes, 10 de septiembre de 2012

EN DEFENSA DA LEDICIA


Aquí estamos de novo, comezando o curso. E facémolo dun xeito poético. 

Nestes tempos máis propicios á desesperación, á tristura, ó pesimismo... queremos recuperar este poema do grande Mario Benedetti e propórmonos, para este curso, sementar a ledicia, a beleza, a fantasía...

O Equipo de Biblioteca do C.E.I.P. Frian - Teis deséxavos Feliz andaina para este curso 2012-2013. 

DEFENSA DE LA ALEGRÍA

Defender la alegría como una trinchera
defenderla del escándalo y la rutina
de la miseria y de los miserables
de las ausencias transitorias
y las definitivas
defender la alegría como un principio
defenderla del pasmo y las pesadillas
de los neutrales y de los neutrones
de las dulces infamias
y los graves diagnósticos
defender la alegría como una bandera
defenderla del rayo y la melancolía
de los ingenuos y de los canallas
de la retórica y los paros cardíacos
de las endemias y las academias
defender la alegría como un destino
defenderla del fuego y de los bomberos
de los suicidas y los homicidas
de las vacaciones y del agobio
de la obligación de estar alegres
defender la alegría como una certeza
defenderla del óxido y de la roña
de la famosa pátina del tiempo
del relente y del oportunismo
de los proxenetas de la risa
defender la alegría como un derecho
defenderla de dios y del invierno
de las mayúsculas y de la muerte
de los apellidos y las lástimas
del azar
y también de la alegría.