GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 27 de febrero de 2010

PEQUEÑO LdN, UNHA ALFAIA


A través do noso compañeiro Jose, temos coñecido este pequeno Semanario Infantil e Xuvenil titulado Pequeño Libro de Notas.

Practicamente en cueiros, xa que naceu hai aínda tres semanas, realmente, promete. Podemos atopar nos seus enlaces pequenas alfaias de grande beleza.

Consultade o enlace, e... contádeme que opinades!

Longa e fructífera vida!

miércoles, 24 de febrero de 2010

EU TAMÉN ESTOU ORGULLOSA!



A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística ven de lanzar esta campaña na que participan varios rostros coñecidos procedentes de diversos ámbitos da Cultura.

Eu tamén estou moi orgullosa das persoas que me deron a oportunidade de falar, de pensar e de sentir en galego: os meus benqueridos alumnos e alumnas do C.E.I.P. Torre - Illa (Illa de Arousa), e os meus marabillosos compañeiros e compañeiras mestres.

Ós que aínda non teñen disfrutado desta experiencia, só lles podo lembrar aquela campaña da tónica: "Será que a teñen probado pouco" e "canto máis a probo máis me gusta".



Se che ten gustado, podes ver máis vídeos neste enlace:


martes, 23 de febrero de 2010

HIZKUNTZEN IRAUNKORTASUNA BULTZATU DEKALOGOA



Ou o que é o mesmo: Decálogo para ser lingüísticamente sostibles.

Hai algunhas semanas, publicamos no noso blog este Decálogo, que partiu da aportación de Adelia Troncoso, a nosa compañeira de PLAMBE. 

Para demostrar que o mundo é un pano (e máis aínda o mundo tecnolóxico), o noso Decálogo caiu en mans de Aitor Etxebarria, asesor de Normalización Lingüística do Parlamento Vasco. Grazas ó correo electrónico, contactou co noso cole e pediunos que traducíramos esta presentación ó seu idioma.

O domingo 21 de febreiro, Día das Linguas Maternas, apareceu enlazado nun blog chamado KARRAJUA (que siñifica "pasillo").

Aquí tendes o enlace, e o nome do noso colexio ben visible ó final. 


Que as linguas sirvan sempre para unir, nunca para separar!

domingo, 21 de febrero de 2010

INVICTUS



Como se pode estar 30 anos nunha estancia minúscula, saír, e perdoar a quen te ten encadeado nela?

Veño de ver Invictus, a última película de Clint Eastwood. Xa me falara moi ben dela a nosa alumna Alicia. E teño que dicir que é altamente recomendable.


Unha historia de superación en varios niveis: por unha banda, o esforzo dun equipo de rugby por saír dunha situación deportiva nefasta; por outra, a dun país que, lonxe de caír nunha guerra fratricida (ata certo punto lóxica polas circunstancias históricas) consigue superar as súas diferencias e crear unha conciencia de nación grazas ó esforzo e ó tesón da súa Selección.


E sobor de todo, a homenaxe a un home que ben ten merecido o Premio Nobel da Paz: Nelson Mandela. Un home a quen lle foi arrebatado o mellor da súa vida (trinta anos) no interior dunha minúscula celda. Un home que sobreviviu grazas a un poema. Un home que (límolo hai unhas semanas na prensa) foi quen de celebrar os vinte anos da súa posta en liberdade comendo co seu propio carceleiro.

Toda unha lección. A forza arrolladora do perdón.



Más allá de la noche que me cubre
negra como el abismo insondable,
doy gracias a los dioses que pudieran existir

por mi alma invicta.
En las azarosas garras de las circunstancias
nunca me he lamentado ni he pestañeado.
Sometido a los golpes del destino
mi cabeza está ensangrentada, pero erguida.
Más allá de este lugar de cólera y lágrimas
donde yace el Horror de la Sombra,
la amenaza de los años
me encuentra, y me econtrará, sin miedo.
No importa cuán estrecho sea el portal,
cuán cargada de castigos la sentencia,
soy el amo de mi destino:
soy el capitán de mi alma.

                                  William Ernest Henley

viernes, 19 de febrero de 2010

PAPI E MAMI...! A LER!


O noso Plan Anual de Lectura non só está pensado para os rapaces, senon tamén para as familias. Agora tócavos a vós, papás e mamás, achegarvos ás culturas alleas á nosa.

A nosa proposta ten varias fases relacionadas entre sí. O primeiro paso será a lectura.

Grazas á colaboración doutros centros integrados no PLAMBE, temos posto á vosa disposición sete exemplares de Lúa do Senegal, unha das últimas obras de Agustín Fernández Paz. Podedes atopalos nos locais da A.N.P.A.

Apresurarvos a solicitar o voso exemplar en préstamo!

E estade atentos ás novas! Estade seguros de que as haberá!

viernes, 12 de febrero de 2010

O MUNDO É GRANDE... EN FRIAN!


Hoxe, Venres de Entroido, todo o Colexio, acompañado das nosas familias, temos invadido as rúas próximas ó noso Centro co colorido dos diversos pobos da Terra.

Seguindo co noso Proxecto Documental Integrado (Un cole, un libro: o mundo!), temos viaxado a diversos países e continentes: non faltaron os masais, nin os brasileiros, nin os rumanos, nin os rusos, nin os mexicanos, nin os chineses. Atopamos tamén algún árabe perdido.

Queredes compartir connosco a nosa saída? Tendes una mostra nesta presentación.




viernes, 5 de febrero de 2010

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES, EN Leer.es




O blog Leer.es é o Centro Virtual do Ministerio de Educación para o Fomento da Lectura.

A través de Loly Lago, da biblioteca O Segrel do Penedo (I.E.S de Fene) coñecemos o papel protagonista das Bibliotecas Escolares Galegas en Leer.es.

Investigade, porque atoparedes moitas cousas interesantes.


jueves, 4 de febrero de 2010

VISITA DE MESTRAS BIBLIOTECARIAS


O pasado mércores 27 de xaneiro, Frianciño recibiu unha visita especial: cinco mestras bibliotecarias de centros PLAMBE.

Aquí as tendes: Conchi, do C.E.I.P. Escultor Acuña, Ángeles, do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán, Tere, do C.E.I.P. Coutada-Beade, Adelaida, do C.E.I.P. Belesar (Baiona) e Nerea, do C.E.I.P. Número 1 de Tui.