GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 30 de octubre de 2009

ALFREDO GÓMEZ CERDÁ, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2009



Alfredo Gómez Cerdá ven de ser galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009, coa súa obra Barro de Medellín.

Semella que as bibliotecas, e a interculturalidade, están de moda. Outro libro que "meter na mochila" do noso Proxecto Documental Integrado deste curso.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria teno na Biblioteca. Animarvos a lelo!





ÁNGELES CASO, PREMIO PLANETA 2009




Ángeles Caso, columnista e escritora, acaba de recibir o Premio Planeta pola súa novela titulada Contra el viento.

Esta podería moi ben ser unha das lecturas axeitadas para traballar o noso Proxecto Documental Integrado deste curso, que versará sobre o Ano Internacional do Achegamento das Culturas. Seguramente, a humanidade da historia e a delicadeza e exquisitez da autora farán de Contra el viento unha lectura moi axeitada para os pais e as nais. Eu xa estou desexando lela!




domingo, 25 de octubre de 2009

NA CRESTA DA ONDA



O pasado sábado 10 de outubro, o noso cole estivo presente nas Xornadas Grimm que tiveron lugar en Vigo.

Participamos nos talleres as dúas Anas (a nosa Coordinadora TIC e a profe de Educación Infantil) e Mónica (a profe de Música). E, pola tarde, presentamos a todos os presentes a nosa curta (pero intensa) experiencia cos podcast.

Noraboa a todos e a todas polo traballo realizado o curso pasado! E... prepararvos, que xa estamos argallando novas propostas!


lunes, 12 de octubre de 2009

NOVA ANDAINA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS


As nosas Mochilas Viaxeiras iniciaron, o pasado día 9 de outubro, a súa nova andaina anual.

Tres novidades para este curso: máis mochilas, máis tempo en cada meta, e libros para os pais e as nais.

Esperemos que esta sexa, novamente, unha actividade pracenteira e familiar!

Para coñecer o contido das Mochilas, preme aquí.

E agora, disfruta coa satisfacción dos primeiros "mochileiros"!


domingo, 4 de octubre de 2009

GRAZAS POLA TÚA VIDA, MERCEDES!


Hoxe, 4 de outubro de 2009, o mundo da Música está de loito. Hoxe deixounos Mercedes Sosa, a "Negra Sosa", a gran dama da canción latinoamericana

Todo se unía nela: unha voz persoal e excepcional; unha sensibilidade exquisita que a situou sempre na defensa da liberdade, dos dereitos humanos e da muller; un compromiso coa súa terra que a levou a impulsar a música tradicional do seu pais. Unha auténtica nai-terra.

Mercedes Sosa estará sempre unida ás súas cancións: Gracias a la vida, Alfonsina y el mar, Canción con todos, Te recuerdo, Amanda... Cancións que nos falan de cotidianidade, de esforzo, de sacrificio, de amor, de esperanza...

Grazas pola túa vida, Mercedes!

LENDO EN FAMILIA


Concha Costas, do I.E.S. de Gondomar, achéganos información sobre esta actividade de lectura familiar.

Unha alternativa diferente para pasar unha estupenda fin de semana en familia, con charlas, actividades e fantásticas sesións de contacontos.

Descarga o programa na nosa páxina web.