GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 22 de abril de 2009

23 de Abril: DÍA DO LIBRO



Como cada ano, no cole celebramos hoxe o Día do Libro.


Aquí tes o estupendo vídeo sobre o Conto dos Contos que nos serviu para motivar a actividade cos máis cativiños:






Para ver máis polo miúdo en que consistiron as actividades, podes enlazar coa páxina web da Biblioteca.

E a continuación podes ver o estupendo libro que confeccionamos entre todas as aulas.






Gustouche, eh...? Pois nada que ver co directo. Invitámosche a visitar a nosa Biblioteca e a pasar as follas de verdade. Atoparás moitas sorpresas!

lunes, 13 de abril de 2009

PAPI E MAMI TAMÉN LEN



O pasado martes 31 de marzo de 2009, algúns dos nosos pais e nais reuníronse para debater sobre o libro que, previamente, tiñan traballado: Non é tan doado ser neno!

A actividade partiu do Departamento de Orientación, en colaboración co Equipo de Biblioteca Escolar e o Equipo de Normalización Lingüística. 
Ademais de disfrutar coa lectura, informámonos sobre temas que interesan á vida escolar dos nosos fillos e fillas. Neste caso, o Acoso Escolar. 

Esta bonita experiencia é continuación da que levamos a cabo durante o Primeiro Trimestre, no que limos Gordiño Recheo, de Fina Casalderrei.

jueves, 2 de abril de 2009

INTERTEATRO: TEATRO ESCOLAR NO NOSO COLE



O mércores 1 de abril de 2009, recibimos no noso Colexio unha visita moi especial: un grupo de nenos e nenas que, en representación das súas respectivas escolas, viñeron á nosa para mostrarnos o ben que actúan.

Os primeiros en actuar foron os nenos e nenas do Primeiro Curso do C.E.I.P. Javier Sensat, de Alcabre, que viñeron acompañados do seu mestre, Ramón, e de Pitu. Ofrecéronnos a súa vesión de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Magnífico, chicos!

Podedes ver as fotos na páxina web do noso Colexio.

A continuación, os rapaces e rapazas de 6º curso do C.E.I.P. Carrasqueira, de Coruxo, deron mostra do seu bo facer cos idiomas, representándonos Snow White, o famoso conto coñecido por todos nós (Brancaneve), pero... en inglés! E o ben que falaban...! Noraboa!




Grazas por compartir connosco a vosa arte!