GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

lunes, 16 de febrero de 2009

CHEGA O ENTROIDO!



Chega o Entroido! 

Nós xa estamos a preparar os nosos disfraces, e estamos ilusionados pensando na saída que faremos polo Barrio. Pero... que sabemos do Entroido...? Trátase dunha celebración que afunde as súas raíces na escuridade dos tempos. Entre todos, temos a obriga de facela perdurar. Pero, para iso, temos que nos concienciar da nosa responsabilidade e coñecer a fondo as orixes e as características desta celebración tan galega.

Se premes aquí, poderás achegarte aos recursos que, grazas á colaboración de moitos amigos e amigas, temos recollido na páxina web do noso Cole.

Se premes aquí, poderás coñecer as actividades que o Concello ten programado co gallo do Entroido.

Se premes aquí, poderás pasar o Martes de Entroido cos Bolechas no VERBUM.


domingo, 1 de febrero de 2009

AS MOCHILAS VIAXEIRAS INICIAN A SÚA ANDAINA




Por fin, as Mochilas Viaxeiras iniciaron a súa andaina.
Despois dos preparativos previos, conquerimos iniciar o préstamo, facéndoo coincidir co inicio oficial do noso Proxecto Documental Integrado


O día 22 de xaneiro, despois da fantástica obra sobre A Reconquista de Vigo representada pola A.N.P.A. no Salón de Actos do Colexio, as Mochilas Viaxeiras comenzaron a súa primeira visita. Para festexar un momento tan significativo, os primeiros "agraciados" foron retratados.




Para coñecer o contido das mochilas, accede á información da nosa páxina web.

A RECONQUISTA DE VIGO AOS FRANCESES



O día 23 de xaneiro, os membros da nosa A.N.P.A. subíronse, unha vez máis, ao escenario para disfrutar connosco das actividades propostas dende a Biblioteca Escolar. Este curso, como xa sabedes,  o Proxecto Documental Integrado xira en torno á Reconquista da cidade de Vigo aos franceses.

Todos e todas os que participamos na actividade pasamos un rato moi distendido, e disfrutamos cos feitos que, grazas as actividades que estamos a realizar semana a semana, estamos a coñecer.

Unha vez máis, GRAZAS Á A.N.P.A. pola vosa súa labor ardente e desinteresada a prol da lectura, do Colexio e do noso alumnado...!