GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 28 de enero de 2009

30 de xaneiro. CONSPIRACIÓN POLA PAZ



Dende o Plan de Mellora de Bibliotecas, presentámosvos este traballo colaborativo de diferentes colexios e institutos de Galicia. Este curso non nos foi posible participar, por ter "demasiados frentes abertos". Pero sumámonos ás iniciativas destes compañeiros e compañeiras. As súas palabras e sentimentos son os nosos. Eles, e nós, querémolos compartir convosco.




PAZ?????????????






  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.




  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.




  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.




  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.




  • Utopía imposíbel.




  • Palabra que xera poesía.




  • Poesía? Poesía e Paz.


  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.



    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.



    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.





  • Tanques de algodón




  • Armas de caramelo




  • O noso soño




  • O noso desexo




  • A nosa conspiración.


Bota unha ollada aos traballos dos compañeiros e compañeiras doutros centros:











Teñen colaborado nesta iniciativa:


Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña. `
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra .
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.


Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.






Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis




E agora, se consultas a páxina web do noso cole, poderás ver as nosas propostas.

domingo, 25 de enero de 2009

A APORTACIÓN DE GRACIA E ANXO


Dende Trafegando Ronseis, o blog de Gracia e Anxo, chéganos esta visión sobre o Conflicto de Gaza:

sábado, 24 de enero de 2009

HOLOCAUSTO EN GAZA

Nos últimos tempos estamos asistindo a dramáticas novas procedentes de Palestina, e, máis en concreto, de Gaza. As tropas israelíes comenzan unha ofensiva que ten como principal víctima á poboación civil (mulleres, nenos e nenas e anciáns).
O Estado de Israel era a esperanza do pobo xudeo para esquecer o Holocausto que vivira durante a Segunda Guerra Mundial. Pero... que diferenza hai entre o que viviron os xudeos naquel intre e o que están a vivir hoxe os palestinos de Gaza?


martes, 13 de enero de 2009

RECOMENDACIÓNS




Acabas de ler un libro interesante? Compárteo connosco.

Fai un comentario e fálanos brevemente sobre o contido e sobre o que máis te ten gustado. Ah...! Non esquezas citar o título e o autor. Seguro que moitos compañeiros e compañeiras agradécenche as túas suxestións.

Se aínda así andas despistado, neste vídeo atoparás un montón de suxestións que podes incorporar á túa recomendación.


lunes, 12 de enero de 2009

PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA



O noso colexio ten recibido un dos Premios á Innovación Educativa polo traballo no que, o curso pasado, participou toda a Comunidade Educativa: NOS TEMPOS DO CID.

Noraboa a todos e a todas, porque é un premio no que todos e todas tivemos algo que ver.

E para refrescar a memoria e comprobar en que consistiu o premio, premede na foto.





miércoles, 7 de enero de 2009

POEMIÑAS DA TRADICIÓN ORAL

Os nenos e nenas de Educación Infantil 3 anos teñen aprendido e ilustrado estes Poemiñas da Tradición Oral: