Páginas

sábado, 2 de abril de 2016

2 de ABRIL



Día Mundial de Concienciación do Autismo.

Con pictogramas, esas imaxes esquemáticas que serven para representar símbolos ou obxectos e que tanto teñen contribuído á comunicación cos autistas, queremos celebrar este Día Mundial de Concienciación do Autismo, como cada 2 de abril.

Como bibliotecarios escolares, a comunicación é para nós como o aire que respiramos. Por iso saltamos de ledicia cando comprobamos que, grazas a este sinxelo sistema, mellora o xeito en que nos podemos comprender mutuamente. E iso tamén nos enriquece a nós, porque contribúe a sensibilizarnos e a sentirnos máis humanos.

Así pois, coa intención de sensibilizar a todo o público en xeral, facémosvos partícipes dos actos reivindicativos que a Fundación Menela organiza na nosa cidade, segundo publica hoxe o Faro de Vigo:

      • Hoxe, día 2 ás 17:00. frente ó Marco: Acto de sensibilización. 
      • Día 6 ás 11:30, no Auditorio Municipal de Vigo: Acto de sensibilización. 
      • Día 9, ás 20:00, no Teatro A Fundación: Concerto solidario Del amor y otros demonios, con Uxía Blance o Dúo Pilar e Arabel Moráguez. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario