Páginas

lunes, 21 de marzo de 2016

UNHA EXPOSICIÓN PARA TODA A FAMILIA



No Centro Cultural A Fundación. 

Hai un par de semanas, nun deses fins de semanas chuviosos que tanto se teñen prodigado este inverno, tiven ocasión de visitar a exposición Heroes animados no Centro Cultural A Fundación. O local fervía de familias con rapazada ben cativa. E non era para menos. A mostra, interactiva, ofrecía o paso a paso da creación de grandes filmes de debuxos animados, coma O príncipe de Exipto ou Madagascar.

Por si estes días de Semana Santa tendes tempo e ocasión, achégovos o enlace coa información (a mostra clausúrase o 16 de abril). Un bo xeito de culturizarse e multialfabetizarse en familia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario