Páginas

domingo, 28 de febrero de 2016

NA ROTONDA DO DODECAEDRO



Con Víctor e Frianciño. 

Esta fin de semana, Frianciño marchou con Víctor (4 anos B) e a súa familia. Xuntos, achegáronse outra vez á Rotonda do dodecaedro (Avenida de Castrelos 105). E grazas ás súas fotos, demostráronnos que o punto de vista é moi importante. Porque, nesta ocasión, podemos descubrir as matemáticas non só na escultura, senón tamén nas formas rectangulares dos edificios, nas liñas de fuga do Vial da Universidade e na pirámide escalonada inscrita no dodecaedro.


Cando abordamos unha cuestión dende varios puntos de vista estamos empezando a ser máis sabios. 

Grazas, familia, por axudarnos a crecer en sabeduría!

No hay comentarios:

Publicar un comentario