Páginas

miércoles, 28 de octubre de 2015

FRIANCIÑO, CASE AFOGADO...



... entre metros e metros cúbicos de auga. 

Vaia susto que debeu levar...! Tan tranquiliño na nosa Biblioteca, e, de súpeto, ó lado do encoiro de Eiras. E que atopou alí relacionado coas matemáticas...? Así nolo conta a familia de Noa:


As fotos están feitas na presa de Eiras, en Fornelos de Montes... Porque a auga está chea de metros cadrados ou os metros cadrados están cheos de auga.




Pois vaia excursión máis fantástica. Descubrimos de onde ven a auga de Vigo. E que alí, en Eiras, hai un montón de metros cadrados de terra cubertos de auga. 

Pero... alguén nos pode dicir que unidade de medida empregamos para medir a cantidade de auga concentrada, por exemplo, nun encoiro?


Grazas, familia, por este fantástico paseo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario