Páginas

martes, 5 de mayo de 2015

E POLO E-MAIL CHEGOU...


... unha mensaxe inesperada. 

A través da conta de correo do colexio chegou ata nós esta mensaxe de Xosé Luna Sanmartín

Ola mestres e alumnos do CEIP Frian de Teis... póñome en contacto convosco para dicirvos que me gustou moito a interpretación do Rap Rosaliano un beixo d´amor...

Desde A Estrada ata  ao solpor... versos, bicos e amor... 
Fico ao voso dispor para cantalo xuntos e para falar de poesía


Mil grazas e mil parabéns


Como xa teredes adiviñado, Xosé Luna Sanmartín é poeta. Autor dun precioso libro de poemas que gardamos coma un tesouro na nosa biblioteca: O libro dos bicos

O poema ó que se refire (Rap Rosaliano un beixo d'amor) foi interpretado por un grupo de alumnos bibliotecarios para celebrar o Día de Rosalía. 





Pois, Xosé...! Moitas grazas a ti por este agasallo sorpresa, e por encher o mundo de poesía!

No hay comentarios:

Publicar un comentario