Páginas

domingo, 8 de septiembre de 2013

UNHA TOUPIÑA QUE ENCANDILA ÓS MÁIS CATIVOS



Un tesouro baixo terra para comezar ben o curso. 

Xa hai algún tempo descubrín este entrañable personaxe que fai as delicias do alumnado de Educación Infantil. Grazas á estupenda laboura de Patasdepeixe editora chega dende as lonxanas terras de Chequia... en galego!

A Toupiña foi creada por Zdenek  Miler hai xa moitos anos, e convertiuse no personaxe animado máis querido polos nenos e nenas checos. Patasdepeixe conserva o formato do orixinal. Os textos, rimados, fan engaiolan ós rapaces.

A sinxeleza do personaxe fai que a animación das súas aventuras poda seguirse á perfección... aínda que os títulos de crédito estean en checo!

Deixámosvos aquí un enlace a un artigo publicado en Radio Praha cando finou o autor.

E aquí, unha selección de vídeos para que disfrutedes cos vosos fillos ou cos vosos alumnos.





Que tesouro para o comezo de curso...!

No hay comentarios:

Publicar un comentario