Páginas

jueves, 29 de noviembre de 2012

OBRADOIRO DE REGUEIFAS


O pasado martes día 27 tivemos un magnífico Obradoiro de Regueifas na nosa escola. 

Estivo organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. E foi toda unha sorpresa. Así, subindo polas escaleiras coma se tal cousa, atopamos a dous magníficos artistas: Luis Caruncho e Pinto d'Herbón.

Coa zanfona de Luis e a simpatía dos dous, a rapazada do Terceiro Ciclo de Primaria riu coas súas xugosas improvisacións, e, finalmente, aprendeu a regueifar.

Porque a lingua, a nosa lingua, sempre serviu para aprender e para xogar con ela.

Aquí podemos "paladear este suculento manxar":




Tamén podedes disfrutar dos vídeos da sesión na páxina web do Colexio.

Grazas por compartir connosco a vosa arte!


No hay comentarios:

Publicar un comentario