Páginas

domingo, 10 de junio de 2012

AGASALLOS PARA OS NOSOS LECTORES E LECTORAS


Nestes días estivemos entregando dende o noso Lar de Frianciño unha serie de agasallos, tanto para os mellores lectores e lectoras coma para todos os usuarios e usuarias da nosa biblioteca polo seu bo andar e traballo ao longo deste curso.

Entregamos dende carpetas, maletíns, mochilas, libretas para pequenas anotacións e pins promocionando a lectura ata sombreiros e viseiras para unha boa lectura baixo o sol; e como non, libros e marcapáxinas para disfrutar neste verán.



No hay comentarios:

Publicar un comentario