Páginas

martes, 1 de marzo de 2011

A MELLOR AMIGA DE CARRAPUCHIÑA


Carrapuchiña voltou visitar ós nenos e nenas de Educación Infantil. 

Hai dúas semanas, Carrapuchiña deixáranos unha mensaxe segreda para adiviñar cal era a súa mellor amiga do bosque. E resultou que esa amiga tan especial era... unha árbore!

Esta semana, Carrapuchiña chegou de novo, dicíndonos que, no noso cole, había unha árbore igual ca súa mellor amiga. Para saber como se chama esa árbore deixounos un mapa con pistas. Primeiro puxemos as "lupas máxicas", e... seguindo o mapa... TATACHÁN... a árbore mellor amiga de Carrapuchiña resultou ser un carballo. 

Grazas, Carrapuchiña!

Aquí tendes o plano que nos guiou polo Colexio adiante:




E aquí, as imaxes desa investigación:






No hay comentarios:

Publicar un comentario