Chega outra vez esta data tan sinalada e tan chea de festexos.
O 21 de marzo celebramos a chegada da Primavera; pero tamén o Día da Poesía, e o Día da Árbore.
Se esta data sempre é importante para a nosa Biblioteca, este curso, aínda con máis motivo. Como lembraredes, o noso Proxecto Documental Integrado titúlase Un bosque para ler e navegar, e toma como centro de interese o Ano Internacional dos Bosques.
Por tales razóns, a nosa proposta de traballo para esta data pretende enlazar ambas as dúas celebracións. Así, intentaremos escribir caligramas que teñan unha temática relacionada coas árbores e a Natureza.
Moi ben o expresa a profe Luz, que nos ten achegado esta imaxe:




No hay comentarios:
Publicar un comentario