Páginas

lunes, 7 de febrero de 2011

SORPRESA EN EDUCACIÓN INFANTIL!

O venres 4 de febreiro tivemos unha visita sorpresa en Educación Infantil. 

Chamaron ó timbre, e, cando abrimos, apareceu a profe Carmen que traía da man, nada máis e nada menos, que a Carrapuchiña Vermella.

Carrapuchiña contounos que quería ser a nosa amiga, e que, de tanto ir á casa da avoa, sabía moitas cousas dos bosques que quería compartir con todos nós.

Así que quedamos en que ía vir todas as semanas ó Colexio para aprender e investigar xuntos.

Para empezar, deixounos unha mensaxe segreda, coa que descubrir quen é a súa mellor amiga no bosque.

Estamos moi ilusionados. Grazas, Carrapuchiña!



No hay comentarios:

Publicar un comentario