Páginas

martes, 26 de octubre de 2010

SORPRESA NA BIBLIOTECA!


Atopámonos con ela esta mañán, e causounos moita ledicia, porque a nosa Biblioteca, día a día, mellora de aspecto. 

Esta noite Frianciño e mais os trasnos Luz e César deberon de estar a traballar arreo para que, esta mañán, a nosa Biblioteca presentara un aspecto tan lucido alegre. Os grandes ventanais estaban cubertos por unhas divertidas cortinas.

Podemos dicir, pois, que a nosa Biblioteca está practicamente renovada.




Grazas, trasniños, polo voso traballo e polo voso agarimo!

1 comentario:

  1. Ola nen@s:
    Somos Frianciño e os trasnos.Grazas a vós por deixarnos participar na mellora da biblioteca.
    A ler moito,rapaces e rapazas!!!

    ResponderEliminar