Páginas

miércoles, 19 de mayo de 2010

NOEMÍ LÓPEZ, COS ALUMNOS E ALUMNAS DE FRIAN


Hoxe tivemos unha visita de luxo: a ilustradora Noemí López.

Noemí estivo cos alumnos e alumnas do Segundo Ciclo de Primaria, por xentileza da Editorial Everest

Os rapaces pasaron un rato estupendo, e, ademais, aprenderon moitísimo, xa que a nosa visitante descubriulles algúns dos segredos para que as personaxes dos nosos debuxos sexan máis expresivas e reflexen mellor o movemento que lles queremos dar. 

Noemí obsequiounos cunha estupenda adicatoria, que podedes consultar neste enlace.

Para que vexades o ben que aproveitamos o tempo, aquí vos deixamos unhas imaxes da xornada:





Grazas, Noemí, polo teu cariño e por achegarnos máis á arte da ilustración!


1 comentario:

  1. Tivo que ser unha visita xenial pq hoxe a miña afillada me contaba a experiencia cunha paixón envidiable

    ResponderEliminar