Páginas

jueves, 11 de marzo de 2010

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR


O vindeiro luns 15 de marzo celebraremos o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Por suposto que os consumidores temos dereitos. Pero tamén temos obrigas. E debemos ser responsables co que consumimos.

Por iso, este vídeo, do que tivemos novas hai tempo a través de Cristina Novoa, parécenos moi axeitado para celebrar esta data.

Concienciémonos! É a nosa obriga!



Por outra banda, aproveitando esta data, queremos darvos a coñecer estes anuncios que teñen elaborado os alumnos e alumnas de 4º B de Primaria.

A actividade tivo a súa orixe na conmemoración do Día da Paz. Os rapaces decatáronse de que tras o comercio do café existía un submundo onde se explotaba ás persoas e á natureza. Por iso decidiron crear estes anuncios nos que nos aconsellan consumir nas tendas do Comercio Xusto.

Como veredes, algúns deles incluso poden triunfar como guionistas e actores!





No hay comentarios:

Publicar un comentario